Saltar navegación

Dispoñibilidade e restriccións de acceso

Hai que distinguir entre a dispoñibilidade e a restricción de acceso.

  • Dispoñibilidade: sirve para indicar as datas nas que o alumnado pode facer a entrega dunha tarefa. Pero a tarefa está visible, aínda que non poda facer a entrega.
  • Restricción de acceso: permítenos ter oculta unha tarefa ata a data na que se vai a levar a cabo. Se poñemos unha restricción de data de peche, a partir desa data, a tarefa volve estar oculta ao alumnado.

Dispoñibilidade.

A dispoñibilidade indica as datas nos que o alumnado pode responder ou entregar o resultado da tarefa. Aquí se configura a data límite para entregar as tarefas.

Dispoñibilidade
Licenza: Dominio público

Restricción de acceso.

A configuración da restricción de acceso permite determinar cando vai a ser accesible un recurso ou unha actividade.

Hai varios tipos de restriccións:

  • Condición de data: se poden especificar datas de apertura e peche do acceso.  Fora destas datas, a actividade non é visible para o alumnado.
  • Condición de calificación: empregaremos esta opción cando precisemos obter unha porcentaxe de cumprimento nunha actividade (entre 50% e 75%), antes de poder acceder a estoutro recurso.
  • Condición de usuario: se queremos restrincir o acceso a un ou varios usuarios, tamén podemos facelo indicando o campo polo que facer o filtrado e o valor do mesmo.
  • Condición de remate doutras actividades: cando a condición para acceder ao noso recurso/actividade é ter rematada unha actividade previa.
Restricción de acceso condicionado
Licenza: Dominio público