Os obradoiros posibilitan que facilitemos aos participantes un exemplo xa resolto da tarefa e unha avaliación de referencia feitas pola titoría. É algo OPCIONAL, non é obrigatorio facilitar o exemplo, aínda que si moi recomendable polo orientativo que é para o participante ver un traballo similar ao que debe elaborar e coñecer e aplicar a rúbrica coa que se avaliará o seu antes de que faga a tarefa. Mesmo podemos configuralo para que o avalíen ben antes de que faga o envío do seu traballo, ben despois de que faga o seu envío e antes de que avalíe aos compañeiros ou compañeiras ou ben que o faga voluntariamente.
Pasos:
3 Comproba a fase na que estamos e seguinte paso:
Se queremos que o alumnado avalíe un exemplo de tarefa feita teremos que marcar o Check en "Envíos de exemplo", (na configuración xeral do obradoiro, paso 1). Este paso obriga aos participantes a analizar unha tarefa-exemplo e a aplicarlle a rúbrica de avaliación, a mesma que se aplicara ao seu traballo.
3.1 Configura as opcións de "Envíos de exemplo" no formulario de configuración do obradoiro (paso 1):
3.2 Engade o envío do exemplo e practica unha avaliación de referencia:
3.3 Engade o exemplo, ben sexa texto (unha URL, por exemplo) ou un arquivo, ou ambas cousas. O exemplo facilitado debe ser similar ao que se lles pedirá aos participantes:
3.4 Avalía o exemplo e facilita unha avaliación de referencia:
A avaliación de referencia amosarase ao participante despois de que faga a avaliación do exemplo.
O obradoiro xa ten este aspecto, listo para usarse, aínda que podemos revisar, completar, modificar... o que sexa necesario:
3.5 Proporciona instrucións para a avaliación, no formulario de configuración do obradoiro (paso 1) en "Axustes da avaliación", na que lles debes indicar os pasos que deben dar, por exemplo: