Saltar navegación

Crear e configurar

A creación e configuración dun "obradoiro" pasa por varias fases. A aula virtual encárgase de informarnos sobre os pasos dados e sobre os que faltan. Vexamos a secuencia de creación mediante e configuración mediante capturas de pantalla.

Pasos  Pasos:

1. Crea o obradoiro. Activar edición > Módulo X > Engadir unha actividade ou recurso > Obradoiro

1.1 Configúrao no seu formulario: Editar > Editar configuración. Esta captura recolle unha configuración típica dun obradoiro:

Obradoiro
Licenza: CC BY-SA

1.2 Comproba os pasos realizados. Unha vez gardado a aula virtual infórmanos da fase na que estamos (fondo verde), dos asuntos resoltos e dos aínda pendentes:

Obradoiro primeira fase
Licenza: CC BY-SA