Tamén podemos escoller o modo en que aparece cada entrada do glosario. Os formatos por defecto son os seguintes:
- Simple, estilo diccionario - como un diccionario convencional con entradas separadas. Non aparecen os autores e os anexos se amosan como enlaces.
- Continuo con autor - Similar ao estilo simple, pero inclúe o autor de cada entrada.
- Completo con autor - Apariencia de formato de tipo foro incluíndo o autor. Os anexos aparecen tamén como enlaces.
- Completo sin autor - Apariencia de formato de tipo foro sen incluir o autor. Os anexos aparecen tamén como enlaces.
- Enciclopedia - Similar a 'Completo con autor' pero os anexos aparecen como imaxes ao estar en liña.
- Lista de Entradas - os conceptos aparecen como unha lista de enlaces.
- FAQ - Para facer listas de consultas máis frecuentes. Engádense automáticamente as palabras correspondentes a pregunta (QUESTION en inglés) e a resposta (ANSWER) no concepto e na definición respectivamente.