A continuación verase a configuración dalgunha das actividades máis comúns dos cursos eLearning propias de Moodle, como o foro ou o glosario.
Tamén se incluirá o obradoiro, que resulta especialmente interesante xa que proporciona a posibilidade de configurar a avaliación entre iguais e a autoavaliación. Dende o punto de vista didáctico é enriquecedor para o alumnado porse na pel do corrector e observar o comportamento dos seus compañeiros con respecto a aspectos como a responsabilidade, preocupación do traballo ben feito, etc. que non se ven na súa relación cotiá entre iguais.
Explicaranse só as opcións de configuración específicas destas actividades.