Saltar navegación

Cualificación

Moodle permite configurar a cualificación dunha tarefa, permitindo escoller:

  • A escala empregada, por exemplo, sobre 10 ou sobre 7. 
  • O método de cualificación, que me vai permitir empregar, por exemplo, unha guía ou unha rúbrica para avaliar. Verase a súa configuración no "Módulo4.- Xestión avanzada de cualificacións"
  • A categoría de cualificación, se incluímos o proceso de avaliación no curso configurando o "Libro de cualificacións", asignaríamos esta tarefa á categoría de avaliación na que puntúe. Verase a súa configuración no "Módulo4.- Xestión avanzada de cualificacións"
  • Corrección cega, para facer correccións anónimas, onde se descoñece o autor da tarefa que se está a cualificar.
Cualificación dunha tarefa
Licenza: Dominio público
  • Fluxo de traballo de cualificación
    Licenza: Dominio público
    Fluxo de traballo. Unha ventaxa de usar o fluxograma para calificar é que as calificacións poden estar ocultas ao alumnado ata que se configuren como "Publicado" o estado da tarefa na súa pantalla de corrección. A lista de pasos é:
    • Sen corrixir (a cualificación non comezou)
    • En corrección (estase a facer a cualificación)
    • Corrección completada (a cualificación está pendente de revisións polo corrector)
    • En revisión (a cualificación está pendente de revisións polo profesor responsable de calidade)
    • Listo para publicar (a cualificación está feita e revisada. Agarda a publicación, por exemplo para facela con todos á vez)
    • Publicado (o alumnado pode acceder ás cualificacións/retroalimentación)