As actividades en Moodle permiten ao alumno interactuar no curso, de xeito colaborativo ou individual, ofrecendo respostas a distintas propostas feitas polos docentes ou polos compañeiros.
Podemos agrupar as actividades nunha serie de grupos significativos:
- Actividades de contido, permite proporcionar ao noso alumnado contidos con elementos interactivos: paquete SCORM, Lección,...
- Actividades para que o alumnado xere o seu contido, por exemplo, creando unha Wiki ou un Diario (blog ou journal).
- Actividades colaborativas de aportacións individuais para recoller distintas achegas do alumnado sobre un tema, normalmente, termos, por exemplo, Base de datos ou un Glosario.
- Actividades de comunicación, permiten o intercambio de opinións sobre un tema concreto, ou para resolver dúbidas, etc. Por exemplo, Comentarios, Conversa, Enquisa ou Foro.
- Actividades organizativas que permiten organizar o alumnado en grupos, por exemplo, Escolla ou Grupo de escolla.
- Actividades de traballo, nas que o alumnado terá que realizar un determinado traballo e entregar un producto resultado de dito traballo. Por exemplo, Proba, Cuestionario, Tarefa ou Podcast,.
- Actividades sobre ferramentas externas hai máis actividades semellamntes ás anteriores pero feitas en ferramentas externas, que podemos importar no moodle. Por exemplo, se temos feito un exame en Hot Potatoes poderemos importalo e usalo no curso moodle.
No noso caso imos profundizar nas tarefas e cuestionarios ou probas, por seren as actividades de uso máis común.