Dámosche a benvida á nova páxina web do IES de Vilalonga.
Estreamos este espazo dixital co obxectivo de mellorar a comunicación coa comunidade educativa e ofrecer información clara, actualizada e accesible sobre a vida do centro.
Nesta web atoparás datos sobre a nosa oferta educativa, o funcionamento do instituto, as actividades que realizamos e as canles de contacto habituais. Queremos que sexa unha ferramenta útil tanto para o alumnado e as familias como para o profesorado e todas as persoas interesadas no noso centro.
Seguiremos traballando para ir completando e mellorando os contidos. Grazas por visitarnos e por formar parte da comunidade educativa do IES de Vilalonga.
