Neste exercicio copiamos unha plantilla xa feita.

Entra nesta ligazón e importa a plantilla Cats and dogs.

Dille que queres almacenar (store) no teu computador.

Dalle a entrenar modelo para ver os datos. Volta a proxectos.

Dalle a Aprender & Probar. Dalle a adestrar e logo sube unha foto de can e outra de gato baixadas de internet (intenta que non sexa das de adestramento) e comproba que funciona ben o modelo de recoñecemento.

Volve a proxectos e dalle a crear. Preme en Scratch 3 e logo en Abrir en Scratch 3.

Abaixo de todo tes comandos verdes chamados images e outros negros chamados cats and dogs.

Imos poñer 2 fotos de traxe, unha de gato e outra de can. Usa fotos baixadas de internet.

Fai o seguinte programa:

Proba o programa cos dous traxes, un de gato e outro de can. Logo proba con outras fotos.

Última modificación: sábado, 4 de xaneiro de 2025, 12:19 PM