Saltar navegación

Un pouco de todo

É difícil estruturar as características dos personaxes que Cunqueiro refire nos seus relatos: maxia nalgúns, inocencia en moitos, a imaxinación e os tipos populares en todos eles. No texto sobre Rosa Mariño non parece que haxa nada da primeira característica, mais si das demais. Así e todo, n’Os outros feirantes podemos atopar cabalos que falan (“O cabalo de Alberte Merlo”), personaxes máxicos do espazo sociocultural galego (“O anano das burlas”), o famosísimo animal mitolóxico gatipedro (“Marcelino Prado”), personaxes que adoecen de tolería (“Amadeo de Sabres”), outros que posúen características sobrehumanas (“A orella dereita de Antón de Leivas”) e incluso mulleres que poñen ovos (“Balbina da Furcada”).