Non cabe a menor dúbida de que é un atrevemento. Éo. Porque non se poden mellorar as palabras de Cunqueiro, evidentemente. Mais, como quedaría o relato se en lugar de meter tantas repeticións, non as metera? De entrada perdería o efecto que o nosos autor perseguía, isto témolo claro, mais, fagamos a proba: sobre seguinte fragmento fai unha nova redacción reducindo o número de repetións, cambiando algunha palabra e mantendo o sentido.
Na retroacción tes unha posible solución; non a abras antes de intentárelo!
Unha mañá, co reloxo na man, cheiroulle a queimado. Abriu o reloxo e estaba ardendo aquela mecha amarela que tiña, e toda a maquinaria púxose ao roxo vivo. Rosa tirou o reloxo ao chan. O reloxo estoupou.
Unha mañá, co reloxo na man, cheiroulle a queimado. Abriuno e comprobou que estaba ardendo aquela mecha amarela que tiña e que toda a maquinaria se puxera ao roxo vivo. Rosa tirouno ao chan e Ø estoupou.