Saltar navegación

A fantasía

Dentro do contexto literario de mediados do século XX, en plena ditadura franquista, a narrativa galega organízase arredor de dous polos: por unha banda, o do realismo social, centrado en reflectir unha sociedade ferida de morte pola represión de Franco, que serviría de preámbulo para a novela existencialista que viría nos anos 60. Por outra banda, a da fantasía, o mito e o soño, cultivado en exclusiva por Cunqueiro que o configura como unha voz discordante dentro do panorama literario galego da época.

Fíxate no que di o gran Manuel Rivas do propio Cunqueiro: