Saltar navegación

As personaxes femininas en Cunqueiro

Segundo a profesora Camiño Noia, Cunqueiro non é un autor que se destaque polos valores feministas dos seus escritos. De feito, nos seus libros de relatos, os protagonistas que máis aparecen son masculinos e as mulleres que os rodean adoitan responder ao estereotipo da muller nai, principalmente, case sempre cun papel secundario respecto do home.

N’Os outros feirantes Cunqueiro fai un retrato diferente das oito mulleres protagonistas; concretamente a Rosa Martiño represéntaa como unha muller libre, independente, dotada de intelixencia e con ánimo para buscar unha vida propia.

The Library of Congress. Marzo 8 = March 8th_International Women's Day (LOC) (editada) (CC0)