Despois dos anos de “aprendizaxe” na súa infancia, como comentamos máis arriba, Cunqueiro desenvolveu un estilo claro e sinxelo, “coma quen come pan”, segundo as súas propias palabras. O seu desexo era levar á escrita o xeito de narrar oralmente que aprendera de súa nai e dos visitantes á botica de seu pai.