Saltar navegación

O verso e a narración

 

Pregunta

A narración non é privativa da prosa, como tampouco a lírica o é do verso. O fragmento que extractamos está maioritariamente escrito en verso, mais non se pode dicir que sexa maioritariamente lírico.

Das opcións que se che ofrecen, cal dirías que é o fragmento netamente lírico?

Respostas

O relato dos cans

O fragmento dedicado á lingua galega

O diálogo entre Cristus e Pedro Luces (calquera deles)

A introdución do texto

Retroalimentación

O romance

Unha das formas poéticas que mellor se adapta ao relato é o romance. Trátase dunha estrutura non estrófica formada por unha tirada indeterminada de versos octosílabos.

Busca a rima do seguinte fragmento: escribe a rima no oco que se che deixa detrás de cada verso. Ollo á arte maior e á arte menor! Preme na caixa que está ao final de cada verso e escolle a letra que consideres.

−Vaia vaia que aínda moitos

Aquí nados con enxeño

Tomaran eles gabarse

Do que o meu tamborileiro.

Sigue sigue con coidado

Parando mentes atento

Nas leccións que non es rudo

Se queres sacar proveito.

E dime,ti agora lías,

Escribías ou o tempo

Perdías esborranchando

Coa pluma do meu tinteiro? [...]

Habilitar JavaScript

Quen está a falar?

Un texto tan complexo como A gaita gallega leva até as últimas consecuencias a polifonía de voces que interactúan coa persoa lectora. Nos seguintes enunciados, identifica a persoa que está a falar. Desprega a lista en cada liña e escolle a opción correcta.

: “Neste mesmo tempo [...] o gaiteiro lle dicía a Pedro Luces:”
: “Doulles eu pouco creto”
: Un home cabo dun valo/parouse detrás dun con”
: “Xa morder ti ben non podes”
: “ co tempo/podes poñer unha escola”

Habilitar JavaScript