A razón de ser d'A gaita gallega é a necesidade de que unha persoa foránea, Pedro Luces, aprenda a lingua galega e a cultura e os costumes propios de Galicia. Esta actitude de respecto mutuo e de integración ten un profundo sentido que aínda hoxe mantén plenamente a súa vixencia: fronte a submisión do galego perante o castelán, Pintos avoga por unha integración: as persoas que veñan a Galicia deben aprender a lingua galega e débeselles ofrecer a posibilidade de o facer: tempo, medios, dedicación e cariño, a fórmula que Cristus emprega con Pedro Luces.
A gaita gallega
O respecto polo país
Debate
- Duración:
- 15:00
- Agrupamento:
- toda a aula
Organizade un debate arredor desta cuestión:
- Que vos parece isto que propón Pintos?: os que veñan de fóra deben integrarse lingüística e culturalmente.
Podedes orientar o debate coas seguintes ideas (son orientativas e non obrigatorias):
- Coñecedes persoas de fóra de Galicia que vivan aquí e que se desenvolvan en galego?
- As persoas galegas que traballan fóra, aprenden as linguas das comunidades en que se integran'
- Credes que é o mesmo vir de vacacións pasar uns días que vir traballar?
- Coñecedes persoas famosas que aprenden linguas minorizadas do estado? (catalán, euskera, valenciano, galego...)
- Os compañeiros e compañeiras do voso centro que viñeron de fóra de Galicia,
- aprenden o galego?
- teñen interese en o facer?
- axudádeslles a o facer?
- quen credes que o debe facer?
- Considerades que é un "abuso" que deban integrarse na nosa comunidade?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0