Saltar navegación

Xoán Manuel Pintos

Wikimedia Commons. Xoán_Manuel_Pintos_Villar.jpg (Dominio público)


Xoán Manuel Pintos é a figura máis destacada a literatura galega de mediados do século XIX. Provincialista convencido, protonacionalista para moitos estudosos, foi o primeiro autor galego que apuntou a súa obra cara ao monolingüismo. Foi un fervente defensor da lingua galega seguindo a estela iniciada no século anterior polo Padre Sarmiento, o seu gran referente cultura.

Naceu en Pontevedra o 16 de decembro de 1811. Iniciou os seus estudos de Humanidades no convento de San Domingos na Coruña, e de 1829 a 1835 cursou Dereito en Santiago de Compostela. Nesta cidade tamén estudou Filosofía e Música. De 1837 a 1840 traballou de avogado na Coruña, e, posteriormente, foi nomeado xuíz de primeira instancia en Cambados polo goberno progresista. A alternancia no poder de liberais e conservadores propiciou que a súa estabilidade laboral se vira alterada con frecuencia: o bando conservador destituíuno en varias ocasións dos seus traballos de xuíz. A estabilidade atopouna no 1862, ano en que pasou a exercer como rexistrador da propiedade en Vigo, cargo que ocupou até a súa morte en 1876.

A súa obra, cuxo título completo é A gaita gallega tocada polo gaiteiro ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis, converteuno na figura máis representativa da primeira xeración provincialista dos Precursores. Trátase dun texto cuadrilingüe, en galego, latín, castelán e francés, que foi concibida para achegar o galego aos lectores. Publicouse por fascículos ao longo de 1853, ano que moitas persoas estudosas da literatura galega consideran que é o auténtico inicio do Rexurdimento literario galego.

Fíxate o que di Xosé Henrique Costas, profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigos e membro da Real Academia Galega, sobre Pintos: