Saltar navegación

A rima

Sobre a rima e as estrofas

Por último, imos analizar a rima da parte en que se relata a historia dos cans. Le as explicacións e fai as actividades que se che piden.

Que estrofa é?

Marca a rima da seguinte estrofa que recolle unha parte do diálogo dos cans. Debes empregar todas as opcións que se che ofrecen no menú despregable! (a, b, c e -)

Anque non son curioso,

Moito o saber me regala

Cando poidas ven e fala

O outro can replicou,

Mais agora para a vila

Vaite logo, mal pecado,

A comer o pan roubado

Con quen te desnaturou.

  • Sabes de que estrofa se trata? Coma nos anteriores casos, primeiro busca ti a información e senón a dás atopado, preme na retroalimentación.

Habilitar JavaScript

Pero... de algo me soa...

Non che soa esa rima de tela lido ou escoitado nalgures? Este mesmo ritmo con esta mesma rima, aparece nunha coñecidísima composición. Nos seguintes exercicios propoñémosche que a descubras gradualmente.

Aquí tes as sílabas finais desa coñecida composición para que marques a rima. Complétaa como fixechees no exercicio anterior.

-osos

-ente

-ente

-ar

-opas

-ado

-ado

-ar

Habilitar JavaScript

Último intento

Aínda non caíches?? A ver agora...

rumorosos

verdecente

transparente

luar?

Copas

arpado

compasado

fungar?

Habilitar JavaScript