Saltar navegación

As sete "foliadas"

Gaita galega en do
Fernando Pazos García. Gaita galega en do (CC BY-NC-SA)

Como xa dixemos, o libro está organizado en sete "foliadas". A primeira vista semella unha nomenclatura un tanto insólita, xa que estamos acostumados a ver "capítulo", "episodio" ou incluso "tratado". A súa explicación podería atoparse na grande erudición de Xoán Manuel Pintos e no seu gusto polo latín. De feito, se buscamos a palabra foliada no dicionario, veremos que ten dúas entradas e na segunda podemos ler: adx. "Que ten follas". É dicir, cada capítulo é un brazado de follas escritas. Se ademais pensamos que a foliada é un ritmo propio dentro da música tocada con gaita, semella que a escolla desta palabra é moi moi acaída.

Se queres saber como soa unha foliada, podes entrar no sito web da Folkoteca Galega e escoitar algunha. Preme aquí para escoitares a versión midi da coñecida foliada "Heicho de dar".



Analicemos o libro un pouco máis polo miúdo: