Saltar navegación

A gaita gallega, 1853

Fernando Pazos García. Portada_A_gaita_gallega (CC BY-NC-SA)

A gaita gallega vén a ser o primeiro libro de literatura galega do século XIX. Trátase dunha obra miscelánea a varios niveis: lingüístico (está escrito en galego, latín, castelán e francés), literario (contén diferentes xéneros: poesía, prosa, ensaio...), temático... Mais sempre cunha clara orientación cara á defensa, divulgación, estudo e exaltación da lingua galega e da propia Galicia.

Está dividido en sete “foliadas”, cuxo fío condutor é o diálogo entre Cristus, o gaiteiro galego, e Pedro Luces, o tamborileiro castelán. Pode entenderse como unha metáfora do diálogo que Galicia e a súa cultura debería manter co seu inmediato contexto, un diálogo de igual a igual, tomando consciencia do valor da cultura propia e sen adoptar un punto de vista submiso ou condescendente tan frecuente aínda hoxe en día.