Matrícula probas certificación
Curso 2025-26
Alumnado CALC-CUALE-CALG
Todos os trámites relacionados coa matrícula do alumnado dos cursos CALC, CALG e CUALE realizaranse en liña, dende a seguinte aplicación web:
https://www.informaticacentros.com/xunta/
| Alumnado dos cursos CALC, CALG e CUALE | ||
| Prazo de matrícula e de formalización de matrícula | > | 23 febreiro- 06 marzo 2026 (ata ás 23:59h) |
| ||
Para formalizar a matrícula, o alumnado debe presentar en liña, na aplicación web correspondente e dentro do prazo establecido, a seguinte documentación:
1) Un escaneado por ambas caras do DNI, NIE ou pasaporte.
IMPORTANTE: No caso de que a persoa candidata se identificara cun documento distinto do DNI ou do NIE, deberá formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido para a matrícula. Neste caso, o prazo final estará suxeito ao horario da secretaría do centro en que a persoa se matricule.
2a) Alumnado CALC e CALG: sempre que se realicen as probas de certificación do idioma e nivel correspondente por primeira vez este alumnado non terá que aboar os prezos públicos correspondentes ao concepto de matriculación por idioma. Porén, no caso de matricularse por primeira vez nunha escola oficial de idiomas na Comunidade Autónoma de Galicia, deberán aboar os prezos públicos correspondentes á apertura de expediente.
Neste caso, deberán achegar o resgardo do aboamento dos prezos públicos (Máis información ↩) segundo o Decreto 89/2013, de 13 de xuño ↩ ou certificado de bonificación ou exención de prezos públicos correspondente, se é o caso.
2b) Alumnado CUALE: Este alumnado non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.
3a) Alumnado CALC e CALG. Para acceder ás probas este alumnado deberá presentar na secretaría do centro, con data límite do 14 de maio, o documento, emitido polo CFR correspondente, onde conste que a persoa cumpre o requisito de asistencia ao curso.
4) O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas debido a algún tipo de discapacidade deberá xustificalo mediante un certificado oficial e solicitar a adaptación da proba cubrindo o seguinte formulario anexo III-Solicitude de adaptación de probas.
5) Alumnado CUALE: Os/as titores/as legais de todo o alumnado menor de idade deberán descargar e encher o anexo 7.2 co protocolo de menores e achegalo coa documentación da matrícula. Pódese descargar o anexo 7.2 nesta ligazón.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
IMPORTANTE - INCOMPATIBILIDADES:
O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico polo réxime oficial (incluído o programa That's English!) e libre simultaneamente.
![]() |
![]() |










