Calendario probas de certificación 2025-2026- Convocatorias ordinaria e extraordinaria
A matrícula das probas de certificación na modalidade libre está regulada pola Instrución 1/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2025/26.
Probas escritas
A Consellería publica nesta instrución as datas das probas escritas de certificación dos niveis B2, C1 e C2 (só para alumnado oficial, CALC e Cuale).
Nas probas escritas avalianse as seguintes actividades de lingua: comprensión de textos escritos, comprensión de textos orais, produción e coprodución de textos escritos, e mediación escrita)
- Datas da probas escritas B2, C1,C2. Convocatoria ordinaria
- Datas da probas escritas B2, C1,C2. Convocatoria extraordinaria
A parte escrita das probas de nivel A2 e B1 realizaranse de acordo co calendario que estableza cada escola, e a partir do 15 de maio, con carácter xeral. Estas datas das partes escritas de A2 e B1 serán publicadas na páxina web de cada escola coa debida antelación.
As datas das probas escritas son inamovibles. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita ou unha das actividades na convocatoria ordinaria pode presentarse a esa parte na convocatoria extraordinaria.
Probas orais
As datas das probas de produción e coprodución de textos orais e de mediación oral de todos os niveis, e as respectivas convocatorias do alumnado, estableceranse de acordo co calendario de cada centro e serán publicadas por cada escola cunha antelación mínima de tres días.
Estas probas poderán realizarse antes ou despois das respectivas probas escritas.
A proba oral só se poderá cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data e sempre que se comunique a necesidade do cambio con anterioridade á data de celebración das probas e se xustifique esta necesidade documentalmente. Debe solicitarse enviando un correo a eoi.lugo@edu.xunta.gal
Non se atenderán cambios de tribunal a partir do xoves 30 de abril.
Calendario de probas | EOI de Lugo | Extensión de Sarria | That’s English! | |||||
Convocatoria ordinaria (alumnado oficial, CALC, CUALE e libre) | Alemán | Galego | Inglés Sarria Ordinaria | Módulos That's English! Ordinaria | ||||
| Chinés | Inglés | |||||||
| Español | Italiano | |||||||
| Francés | Portugués | |||||||
Convocatoria extraordinaria* (só alumnado oficial, CALC e CUALE) | Alemán | Galego | Inglés Sarria Extraordinaria | That's English! Extraordinaria | ||||
| Chinés | Inglés | |||||||
| Español | Italiano | |||||||
| Francés | Portugués | |||||||
| Para consultar os seus resultados: | That's English! | |||||||
*O alumnado matriculado en máis dunha lingua debe ter en conta que as probas da convocatoria extraordinaria poden coincidir na mesma data e hora, tal e como se informa no anexo VIII que está á súa disposición no momento de formalizar a matrícula.
NOTA: As datas das probas escritas son inamovibles. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita ou unha das actividades na convocatoria ordinaria pode presentarse a esa parte na convocatoria extraordinaria. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita na convocatoria extraordinaria deberá matricularse de novo cando remate o curso.
A proba oral só se poderá cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data e sempre que se comunique a necesidade do cambio con anterioridade á data de celebración das probas e se xustifique esta necesidade documentalmente. Debe solicitarse enviando un correo a eoi.lugo@edu.xunta.gal
Non se atenderán cambios de tribunal a partir do xoves 30 de abril.
![]() |
![]() |










