Saltar navegación

Publicación e difusión

círculos enlazados
Michael Rowe. WMF Share (CC BY)

Se queremos publicar o noso material en Internet para mostralo a outras persoas usuarias e difundilo, podemos utilizar espazos propios ou facilitados por institucións ou Administracións Públicas. No caso de España, moitas comunidades autónomas pon a disposición das súas docentes plataformas para publicar recursos. En Galicia dispoñemos do Repositorio de contidos educativos, ademais das aulas virtuais dos centros educativos.

En calquera caso, Internet ofrece múltiples plataformas e espazos onde publicar os nosos materiais, xerando un URL (ligazón) que podemos compartir cos demais. Ao poder exportar os nosos materiais xerados con eXeLearning en distintos formatos, amplíanse as posibilidades de publicación. 

Lembra que, se ademais de compartir o recurso exportado, ofrecemos o ficheiro fonte (ficheiro .elp),  facilitaremos a posibilidade de que sexa revisado e modificado por parte das persoas usuarias.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)