eXeLearning permítenos exportar en distintos formatos estándar: SCORM, IMS, HTML, EPUB3... En calquera caso, antes de exportar é conveniente cubrir os metadatos correctamente para facilitar a súa catalogación.
Exportación e publicación de contidos en eXeLearning
Opcións de exportación
Metadatos e exportación
Os contidos creados con eXeLearning están acompañados sempre dunha serie de metadatos que axudan a complementar o recurso e dotalo dunha información adicional que será fundamental para a súa localización a través dos buscadores.
Por iso, sempre que vaiamos exportar o noso material, o programa lembraranos que é conveniente introducir os metadatos:
Ou revisar os datos xa introducidos para asegurarnos de que son correctos:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0