Se o que queremos é imprimir ou gardar como PDF o noso recurso, non necesitamos exportar. Podemos utilizar directamente a opción de Imprimir que aparece no menú de eXeLearning. Na xanela que se abre ao premer en Imprimir, seleccionaremos unha impresora (en caso de querer imprimilo en papel) ou a opción de Gardar como PDF (en caso de querer gardalo neste formato).
OLLO!
eXeLearning está pensado para crear recursos educativos dixitais multimedia. Como comprobamos, podemos incluír imaxes, vídeos, animacións, sons... Menos o texto, as imaxes e as ligazóns a Internet, todas estas cousas perderémolas nun PDF.
Malia iso, moitas persoas están afeitas a ler en papel, polo que nalgunha ocasión deberemos pasar os contidos de eXeLearning a PDF. Pero eXeLearning non trae esta opción debido a esta perda de funcionalidades.