Os erros máis comúns:
- Enviar o ficheiro .elp ou a URL que aparece no navegador ao editalo ("http://localhost:51235/...") para compartir o noso recurso con outras persoas. O ficheiro .elp serve para editar o contido, por tanto quen o reciba debe ter instalado eXe para poder editalo. Se o que queremos é compartilo con outras persoas para que accedan aos contidos sen necesidade de modificalo, debemos exportalo a algúns dos formatos dispoñibles, tal e como se indica ao principio deste apartado.
- Ao publicar en Moodle podemos cometer algún destes erros:
- Exportar como sitio web e publicar en Moodle con intención de recoller cualificacións. Para que se rexistre a puntuación, debemos publicar o recurso en Moodle como paquete SCORM, exportando preferiblemente en SCORM 1.2.
- Esperar o rexistro de cualificacións de todos os iDevices engadidos ao ELP. Neste sentido, lembramos que:
- Non todos os Devices rexistran notas en Moodle (só Test SCORM, Actividade GeoGebra, Vídeo interactivo e Xogos).
- Nestes casos, nas opcións de edición do iDevice, debemos modificar a lapela SCORM, xa que por defecto está seleccionada a opción “Non gardar a puntuación”.
- Só se pode poñer un iDevice deste tipo por nodo (páxina) para que se rexistre a cualificación correctamente.
- A nota que dará Moodle é única para todo o paquete. Se desexamos unha nota por cada actividade, debemos crear un ELP por cada actividade.