Saltar navegación

eXeReader

eXeReader é unha aplicación para Android e iOS que funciona en dispositivos móbiles e coa que podemos visualizar os proxectos creados con eXeLearning. As vantaxes deste sistema son:

  • Non é necesario publicar os contidos en ningún espazo da Rede, polo que o proceso para compartir é moi simple.
  • Podemos enviar o proxecto directamente ao noso alumnado (por exemplo a través do correo electrónico, compartíndoo a través dos servizos de almacenamento na nube etc.)
  • Non é necesaria conexión a Internet no momento da visualización, excepto para os recursos en liña como os vídeos.

Para poder ver un proxecto con eXeReader debemos seguir os seguintes pasos:

  1. Exportar o proxecto como ficheiro ZIP: Ficheiro → Exportar → Sitio web → Ficheiro ZIP.
  2. Enviar o arquivo ao móbil ou tableta do alumnado.
  3. Desde o móbil, descarga o ficheiro e ábreo; aparecerá a aplicación eXeReader para compartir. Seleccionámolo e xa podemos abrir o proxecto.

De forma alternativa ao último paso podemos:

  1. Gardar o ficheiro ZIP no móbil.
  2. Abrir eXeReader.
  3. Pulsa o botón + e busca o ficheiro que acabamos de descargar.
Biblioteca eXeReader
CEDEC. eXeReader (CC BY-SA)

Descargar eXeReader para Android
Descargar eXeReader para IOS

Feito con eXeLearning (Nova xanela)