De cara á organización das agrupacións para este curso, prevista para este xoves ás 10:45h, o alumnado poderá expresar a súa preferencia entre Orquestra e Banda.
A elección realizarase durante a presentación das agrupacións, polo que a asistencia é necesaria para poder exercer o dereito de elección. O alumnado que non asista á presentación non terá dereito a escoller entre Orquestra e Banda, e será asignado a unha das agrupacións en función das necesidades organizativas e de plantilla.
No caso de que nalgunha das seccións haxa máis alumnado que prazas dispoñibles, realizaranse probas de atril para determinar a distribución entre ambas as agrupacións. A selección será realizada polo profesorado das materias orquestrais.
O alumnado de corda formará parte da Orquestra e realizará a correspondente proba de atril o primeiro día de clase, co obxectivo de establecer a distribución dos atrís.
Os materiais necesarios para as probas de atril estarán dispoñibles na web do centro. Adxúntovos o listado de fragmentos así como os materiais.
TCHAIKOVSKY – Capricho italiano
- Flauta: de I a M
- Óboe: cc. 42–72 / de I a L
- Clarinete: de I a 8 compases despois de M
- Fagot: de I a L
- Trompas: de B a Allegro moderato
- Trompetas: cc. 1–15
- Trombóns e tuba: cc. 1–40
- Percusión: de B a Allegro moderato
- Harpa: cc. 221–240
- Corda: de O ao c. 549