• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Normativa
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Documentación TFE
    • Documentación estudantado
    • Documentación profesorado
    • Documentación PAS
  • Información académica
    • Calendario académico
    • Calendario apertura fin de semana
    • Especialidades
    • Guía para reservar espazos
    • Programacións
  • Produción Académica e Artística
    • Ciclos de concerto
    • Concertos
    • Concursos
    • Cursos e masterclasses
    • Programas de Sinerxias Educativas
    • Revista dixital Symphonia
    • Traballos Fin de Estudos
    • Xornadas de investigación
  • Erasmus
    • Mobilidade do estudantado
    • Students
    • Teachers

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Normativa
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Documentación TFE
    • Documentación estudantado
    • Documentación profesorado
    • Documentación PAS
  • Información académica
    • Calendario académico
    • Calendario apertura fin de semana
    • Especialidades
    • Guía para reservar espazos
    • Programacións
  • Produción Académica e Artística
    • Ciclos de concerto
    • Concertos
    • Concursos
    • Cursos e masterclasses
    • Programas de Sinerxias Educativas
    • Revista dixital Symphonia
    • Traballos Fin de Estudos
    • Xornadas de investigación
  • Erasmus
    • Mobilidade do estudantado
    • Students
    • Teachers

Miga de pan

  • Inicio
  • Biblioteca

Biblioteca

Biblioteca do Conservatorio Superior de Música da Coruña

A Biblioteca do Conservatorio Superior de Música da Coruña é un servizo esencial de apoio á docencia, á investigación e á actividade artística do centro. Entre as súas funcións principais atópanse a recepción, catalogación, tratamento documental, almacenamento e difusión de libros, monografías, partituras e fondo sonoro, así como a súa función como punto de información cultural en ámbitos relacionados coa música.

O servizo de préstamo ten como finalidade facilitar o uso do fondo bibliográfico fóra das instalacións da Biblioteca, garantindo ao mesmo tempo a súa dispoñibilidade para o conxunto da comunidade educativa.

Usuarios

Teñen a condición de usuarios do servizo de Biblioteca:

  • O alumnado matriculado no CMUS Superior da Coruña.
  • O persoal docente e investigador.
  • O persoal de administración e servizos.
  • Persoas alleas ao centro expresamente autorizadas pola Dirección.

Cada usuario disporá dun carné persoal e intransferible. Para o uso do servizo de préstamo será necesaria a presentación do carné da Biblioteca ou, alternativamente, do DNI, a partir do cal o persoal bibliotecario poderá comprobar o número de usuario.

Organización da Biblioteca

  • A Dirección do centro nomeará un coordinador ou coordinadora da Biblioteca, responsable da súa xestión e supervisión, en coordinación coa Secretaría para a adquisición de fondos.
  • O coordinador contará co apoio dun equipo de profesorado, encargado da catalogación, ordenación e mantemento do catálogo.
  • O profesorado con menor dispoñibilidade horaria asumirá tarefas de atención ao público, préstamo, vixilancia e outras funcións delegadas.
  • O equipo de Biblioteca reunirase ao longo do curso académico, sendo o coordinador o encargado de convocar ditas reunións.

Horario

  • Ao inicio de cada curso publicarase un horario xeral para cada cuadrimestre.
  • O período ordinario de apertura da Biblioteca abrangue do 1 de outubro ao 31 de maio, quedando excluídos fins de semana, días festivos e períodos de exames.

Normas de préstamo domiciliario

Segundo as necesidades do servizo, cada exemplar destinarase a un tipo de préstamo:

  • Préstamo domiciliario (prestables).
  • Consulta en sala (non prestables).

Non son prestables:

  • Traballos de fin de estudos.
  • Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias, etc.).
  • Publicacións periódicas.
  • Documentos antigos.
  • Documentos modernos esgotados ou de difícil reposición.

Condicións do préstamo domiciliario:

  • Prazo de préstamo: 15 días naturais.
  • Número máximo: 3 exemplares por usuario.
  • Nos períodos de vacacións (verán, Nadal e Semana Santa) poderán establecerse prazos extraordinarios, que se comunicarán con antelación.
  • Os préstamos poderán renovarse por un período igual, ata un máximo de 3 veces, sempre que o documento non estea reservado por outro usuario. A renovación poderá realizarse desde 2 días antes da data de devolución.

Todos os préstamos serán rexistrados na aplicación MEIGA, onde consta a condición de préstamo ou consulta en sala de cada exemplar.

Incumprimento das normas de préstamo

A Biblioteca realizará reclamacións periódicas dos préstamos vencidos. A falta de aviso non exime do cumprimento dos prazos establecidos.

  • O atraso na devolución implicará o bloqueo temporal do servizo de préstamo.
  • A acumulación de dous atrasos nun mesmo curso académico considerarase infracción leve e suporá a suspensión do servizo durante un mes.
  • As sancións eliminaranse ao finalizar o curso, sempre que non exista material pendente de devolución ou reposición.
  • En caso de perda ou deterioro grave dun exemplar, o usuario deberá repoñelo por outro igual ou de características equivalentes. Ata que se produza a reposición, perderase o dereito ao servizo de préstamo.
  • O incumprimento reiterado destas normas considerarase infracción grave e poderá supoñer a suspensión definitiva do dereito de uso da Biblioteca.

Calquera incidencia será resolta polo responsable da Biblioteca, podendo presentarse recurso ante a Dirección do centro.

Ningún alumno poderá obter o título correspondente nin ningún traballador recibir certificacións oficiais mentres teña obrigas pendentes coa Biblioteca.

Recursos e uso das instalacións

Os usuarios deberán respectar ás persoas usuarias, ás instalacións e aos fondos documentais, facendo un uso responsable dos recursos dispoñibles.

Por razóns de seguridade, hixiene e conservación non está permitido:

  • Acceder con comida.
  • Acceder con bebida, agás auga.
  • Modificar a disposición do mobiliario.

A Biblioteca é un espazo de estudo e investigación, polo que se require silencio e non está permitido o uso de teléfonos móbiles acesos.

O persoal da Biblioteca poderá solicitar a identificación dos usuarios e aplicar as medidas necesarias para garantir o cumprimento das normas, incluída a expulsión temporal ou a suspensión do servizo.

Acceso a recursos dixitais: JSTOR

O Conservatorio Superior de Música da Coruña dispón dunha conta institucional propia en JSTOR, unha das principais bases de datos internacionais de contidos académicos.

JSTOR é unha biblioteca dixital que ofrece acceso a miles de revistas científicas, libros académicos, actas de congresos e materiais de investigación en ámbitos como a música, a musicoloxía, as artes escénicas, a historia, as humanidades e as ciencias sociais. Trátase dun recurso fundamental para o estudo avanzado, a investigación e a elaboración de traballos académicos.

O alumnado e o profesorado do centro poden realizar consultas en liña a JSTOR desde os equipos informáticos da Biblioteca, facendo uso da conta institucional do Conservatorio, de acordo coas condicións de uso establecidas.

Para calquera dúbida sobre o acceso ou funcionamento deste recurso, o persoal da Biblioteca prestará a asistencia necesaria.

Procura de libros e partituras

O fondo bibliográfico pode consultarse a través do sistema de xestión bibliotecaria dos Conservatorios Superiores de Música da Coruña:

Acceso á xestión bibliotecaria

Subscribirse a Biblioteca
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CMUS Superior da Coruña