
III Congreso Internacional de Psicología de la Música
O noso conservatorio acollerá entre o 20 e o 22 de novembro o III Congreso Internacional de Psicoloxía da Música, organizado pola AEPMIM.
Neste congreso reuniranse especialistas e profesionais arredor da psicoloxía da música, abordando diferentes liñas temáticas a través de comunicacións, simposios, pósters e obradoiros.
Toda a información detallada sobre o congreso (programa, modalidades de participación, liñas temáticas, etc.) pode consultarse na web oficial:
👉 https://aepmim.org
👉 https://aepmim.org/congresos/iii-congreso-de-psicologia-de-la-musica-noviembre-2026/
Inscrición:
👉 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc90vb6Tdsf4FrqD2hhgk1LXqEhsKn4XtOiZoSZHNPPaOaumg/viewform
Prazos de interese:
- Envío de resumos: ata o 31 de maio
- Inscrición como oínte: ata o 10 de novembro
Matrícula con desconto: dispoñible ata o 1 de agosto
Correo de envio de plantillas / Email for templates submission: conpsimusic2026@gmail.com
O profesorado e o alumnado do noso centro contan con prezos reducidos, ao formar parte da institución que acolle o congreso.
Para resolver dúbidas ou obter máis información sobre a participación, recoméndase contactar directamente coa organización a través dos datos dispoñibles na súa páxina web.
I XORNADAS DE METODOLOXÍAS DE INVESTIGACIÓN NO CONTEXTO DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS
Enfoques, retos e oportunidades
Do 9 ao 11 de outubro de 2025, o Conservatorio Superior de Música da Coruña acolleu as I Xornadas de Metodoloxías de Investigación no contexto das Ensinanzas Artísticas, un encontro académico organizado pola SEM-EE (Sociedade para a Educación Musical do Estado Español) en colaboración co propio Conservatorio.