• Inicio
  • Formación
    • Oferta FP
    • Ensinanzas especiais
    • Distancia
    • Acreditación ARA
    • Desempregados AFD
    • Libres
  • Centro
    • Datos de contacto
    • Localización
    • Organigrama
    • Documentos
    • Calidade
    • Innovación e formación
      • Premios
    • Galería
    • Hemeroteca
  • Secretaría
    • Información
    • Admisión e matrícula
    • Probas de acceso
    • Validacións
    • Outros trámites
  • Alumnado
    • Bolsa de emprego
    • Dinamización Lingua Galega
    • Documentos
    • Orientación
    • Viveiro de Empresas
  • Profesorado
    • Utilidades
  • Empresas
    • Bolsa de emprego
  • Internacional
    • Erasmus Policy Statement (EPS)
    • Acreditacións
    • Mobilidade Formación Profesional
    • Mobilidade Educación Superior
    • Proxectos de cooperación e desenvolvemento
    • Dimensión internacional

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • Formación
    • Oferta FP
    • Ensinanzas especiais
    • Distancia
    • Acreditación ARA
    • Desempregados AFD
    • Libres
  • Centro
    • Datos de contacto
    • Localización
    • Organigrama
    • Documentos
    • Calidade
    • Innovación e formación
      • Premios
    • Galería
    • Hemeroteca
  • Secretaría
    • Información
    • Admisión e matrícula
    • Probas de acceso
    • Validacións
    • Outros trámites
  • Alumnado
    • Bolsa de emprego
    • Dinamización Lingua Galega
    • Documentos
    • Orientación
    • Viveiro de Empresas
  • Profesorado
    • Utilidades
  • Empresas
    • Bolsa de emprego
  • Internacional
    • Erasmus Policy Statement (EPS)
    • Acreditacións
    • Mobilidade Formación Profesional
    • Mobilidade Educación Superior
    • Proxectos de cooperación e desenvolvemento
    • Dimensión internacional

Miga de pan

  • Inicio
  • Admisión e matrícula

Admisión e matrícula

Admisión e matrícula

INSTRUCCIÓNS XERAIS ASISTENTE CALENDARIO OFERTA FORMATIVA

MATRÍCULA 2026-27

Dirixido a:

  • Alumnado de nova incorporación.

  • Alumnado repetidor de 1.º curso (Grao Medio e Grao Superior).

  • Alumnado de Cursos de Especialización.

  • Alumnado de FP Acelerada.

  • Alumnado de FP Dual de nova incorporación.

  • Alumnado da oferta modular a distancia.

Solicitude de admisión (preinscrición)

  • A solicitude de admisión é obrigatoria antes da matrícula.

  • Debe realizarse a través do asistente web de Ciclosadmisión: www.edu.xunta.gal/ciclosadmision

  • Prazo: do 15 ao 30 de xuño de 2026 ás 13:00 h.

Consulta o calendario oficial do proceso: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-26-27-calendario

 

Tipos de solicitude

Segundo o resultado do asistente, a túa solicitude poderá ser:

  • Validación automática: non é necesario acudir ao centro.

  • Entrega automática: o centro revisará a documentación de forma telemática.

  • Entrega presencial: deberás presentar a solicitude e a documentación no centro dentro do prazo establecido.


Adxudicación de prazas

O proceso inclúe varias fases de adxudicación. É fundamental consultar as publicacións e respectar os prazos.

Pasos do proceso

  1. Publicación das listaxes provisionais de adxudicación.

  2. Presentación de reclamacións, se procede.

  3. Publicación das listaxes definitivas de adxudicación.

Moi importante: cando se che adxudique unha praza, deberás reservala ou renunciar a ela dentro do prazo establecido.

 

Formalización da matrícula

Só poderá matricularse o alumnado que obteña praza no proceso de admisión.

Documentación necesaria

  • Impreso de solicitude de matrícula.

  • DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).

  • Documentación que acredite a titulación de acceso:

    • Certificación académica dos estudos realizados, ou

    • Fotocopia compulsada do título, ou

    • Fotocopia compulsada do libro de escolaridade, se procede.

  • Xustificante do pagamento do seguro escolar (para menores de 28 anos a 31/12/2026).

Seguro escolar (menores de 28 anos)

  • Importe: 1,12 €

  • Conta bancaria (ABANCA):
    ES91 2080 0065 3231 1000 0146

  • No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.

O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.

 

Matrícula mediante representante

Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:

  • Autorización asinada. Modelo.

  • DNI orixinal da persoa autorizada.

  • Copia do DNI da persoa matriculada.

 

Advertencias importantes

  • Non realizar a matrícula, a reserva ou a renuncia dentro do prazo supón a exclusión do proceso de admisión.

  • Ata a finalización da primeira semana lectiva poderá entregarse:

  • O xustificante do seguro escolar.

  • A documentación acreditativa da titulación de acceso.

  • A falta desta documentación poderá provocar:

  • A anulación da matrícula.

  • A baixa de oficio no ciclo formativo.

  • Prazo: do 15 ao 30 de xuño de 2026 ata as 13:00 h.

Documentación necesaria:

Para formalizar a matrícula deberás presentar de XEITO PRESENCIAL no centro educativo, a seguinte documentación:

Solicitude de matrícula 
  • Impreso de solicitude de matrícula debidamente cuberto e asinado. Anexo I ED522A

  • Se a persoa solicitante é menor de idade, deberá asinar tamén unha das persoas titulares da patria potestade ou representante legal.

  • En caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os dous proxenitores.

Documento de identificación
  • DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).

Seguro escolar (menores de 28 anos)
  • Importe: 1,12 €

  • Conta bancaria (ABANCA): ES91 2080 0065 3231 1000 0146

  • No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.

O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.

Matrícula mediante representante

Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:

  • Autorización asinada. Modelo.

  • DNI orixinal da persoa autorizada.

  • Copia do DNI da persoa matriculada.

Importante

Recoméndase revisar toda a documentación antes de entregala para evitar incidencias ou atrasos na formalización da matrícula.

A matrícula só se considerará formalizada cando se presente toda a documentación requirida dentro do prazo establecido e sexa autorizada polo órgano competente.

Quen debe realizar este trámite?

  • Alumnado que promociona de 1.º a 2.º curso.

  • Alumnado que repite 2.º curso. 

  • Prazo: do 15 ao 30 de xuño de 2026 ás 13:00 h.

Como se realiza a solicitude?

Este procedemento non está centralizado e, polo tanto, non se utiliza o asistente web de Ciclosadmisión.

A solicitude deberá realizarse mediante o Anexo I correspondente e presentarse PRESENCIALMENTE no centro educativo.

O alumnado menor de idade deberá acudir acompañado polo pai, nai ou titor/a legal.

Situacións posibles

a. Alumnado con praza garantida

  • Teñen praza garantida:

    • As persoas que promocionan de 1.º a 2.º no mesmo centro e no mesmo ciclo.

    • As persoas que repiten 2.º curso por primeira vez no mesmo centro.

Que deben facer?

Presentar a solicitude de matrícula no propio centro dentro do prazo establecido.

 

b. Alumnado sen praza garantida

  • Corresponde ao alumnado procedente doutro centro educativo.

Que deben facer?

Ademais da solicitude de matrícula, deberán presentar:

  • Certificación académica do centro de orixe.

A certificación deberá indicar expresamente que a persoa cumpre os requisitos de promoción a 2.º curso.

Deberán constar todas as cualificacións obtidas en 1.º curso. 

Como se adxudican as prazas?

Se hai máis solicitudes que prazas dispoñibles, aplicarase un proceso de baremación.

O criterio de prioridade será a nota media de 1.º curso, calculada con dous decimais.

Neste caso, a presentación da documentación constitúe unha solicitude de acceso, non unha matrícula inmediata.


Solicitude de matrícula 

  • Impreso de solicitude de matrícula debidamente cuberto e asinado. 

    • Ciclos Grao Básico: (Anexo I ED522A).

    • Ciclos medio e superior (Anexo I ED519A).

  • Se a persoa solicitante é menor de idade, deberá asinar tamén unha das persoas titulares da patria potestade ou representante legal.

  • En caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os dous proxenitores.

Documento de identificación
  • DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).

Seguro escolar (menores de 28 anos)
  • Importe: 1,12 €

  • Conta bancaria (ABANCA): ES91 2080 0065 3231 1000 0146

  • No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.

O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.

O alumnado procedente doutros centros que non teña a praza garantida non deberá aboar o seguro escolar ata que se lle confirme a praza.

Documentación adicional para alumnado doutros centros

O alumnado sen praza garantida deberá presentar tamén:

  • Certificación académica do centro de orixe.

  • Acreditación de que cumpre os requisitos de promoción a 2.º curso.

  • Cualificacións completas de 1.º curso.

A nota media dos módulos de 1.º curso será o criterio de prioridade para a adxudicación das praza

Alumnado con praza non garantida en 2º

Día

Listaxe provisional

03/07/2026

Reclamacións á listaxe provisional

06/07/2026 e 07/07/2026

Listaxe definitiva

10/07/2026

Matrícula mediante representante

Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:

  • Autorización asinada. Modelo.

  • DNI orixinal da persoa autorizada.

  • Copia do DNI da persoa matriculada.

     

Matrícula 

Día

FCT/Proxecto 

Convocatoria Decembro

01/07/2026 ao 31/07/2026

De 09:00-13:00h

Documentación a presentar nas oficinas de secretaría do centro:

Solicitude de matrícula 

Impreso de solicitude de matrícula debidamente cuberto e asinado. 

  • Anexo I_Réxime ordinario

  • Anexo II_Réxime adultos

Documento de identificación

  • DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).

Seguro escolar (menores de 28 anos)

  • Importe: 1,12 €

  • Conta bancaria (ABANCA): ES91 2080 0065 3231 1000 0146

  • No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.

O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.

Documentación adicional para alumnado doutros centros

No caso de alumnado procedente doutro centro, deberase presentar a maiores a certificación académica do centro de orixe onde consten os criterios de promoción e acceso ao módulo de FCT e/ou proxecto.

Matrícula mediante representante

Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:

  • Autorización asinada. Modelo.

  • DNI orixinal da persoa autorizada.

  • Copia do DNI da persoa matriculada.

Solicitude de exención do módulo de FCT:

O alumnado que desexe solicitar a exención do módulo de FCT debe achegar nos períodos de matrícula indicados, a seguinte documentación.

  • Solicitude de exención de FCT (Anexo XV).

  • Informe de vida laboral.

  • Modelo de certificación da empresa na que se indiquen: duración do contrato, posto de traballo e tarefas desenvolvidas. (Modelo do Anexo III).

  • DNI.
     

Para casos excepcionais consultar no correo: secretaria.cifp.universidade.laboral.coruna @edu.xunta.gal

Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Esta web contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.

 

  • Ler máissobre Admisión e matrícula
Subscribirse a Admisión e matrícula
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CIFP Universidade Laboral