Oferta de ensinanzas especiais
| N1 - N2 | Técnico Deportivo en Fútbol |
| N3 | Técnico Deportivo Superior en Fútbol |
No noso centro se imparten dous ciclos, un de grao medio e outro de grao superior, impártense gratuitamente (agás a matrícula) en tres centros educativos en Galicia (CIFP Universidade Laboral de Culleredo en A Coruña, IES Sánchez Cantón en Pontevedra e IES Río Cabe en Monforte. Tamén o podes obter nalgún centro privado e, dende o curso 2010-11, coa Federación, pero en ambos casos non son cursos gratuitos).
VALIDEZ DAS ENSINANZAS
Queremos destacar que as titulacións obtidas tanto nos centros educativos como nas federacións son exáctamente as mesmas e están abaladas pola Ley del deporte nacional no seu artigo 55.4 e pola Ley do deporte autonómica nos artigos 73 e 74. Ninguén pode negar o traballo ou o acceso a calquera outra titulación alegando que a nosa titulación non é válida por non ser "federativa". Como podedes ler nas devanditas leis, ESTÁN OBRIGADOS a aceptalas. O mesmo ocorre para desempeñar traballos no estranxeiro, todos os países están obrigados a aceptar as titulacións que se impartan nos seus países asociados. No caso da Unión Europea existe a RED SOLVIT, encargada de solucionar os problemas relacionados coa libre circulación de traballadores, no caso de ter un problema se podería facer unha denuncia nesta asociación que se resolvería en 15 días. Polo tanto, non só os cursos federativos acreditan para licencias UEFA no estranxeiro, os títulos obtidos nos centros educativos son perfectamente válidos.
Realizar estes ciclos no CIFP Universidade Laboral ten a vantaxe principal da gratuidade, pero a formación obtida é de moi alto nivel, os profesores levan anos impartindo os módulos e compaxinando a docencia cunha moi ampla e contrastada carreira profesional en clubs de primeiro nivel. Ten por seguro que nestes centros recibirás a formación axeitada en todos e cada un dos módulos do ciclo así como unha atención personalizada e unha dedicación absoluta por parte do profesorado.
DURACIÓN DAS ENSINANZAS
Dende o curso 2020-21 tamén tes a vantaxe de poder rematar o ciclo medio en apenas un ano.
O Ciclo Medio está estruturado en dous niveis. O N1 desenvolverase durante os meses setembro a decembro, coas prácticas incluídas. A partir de xaneiro e até xuño farás o N2, tamén con prácticas incluídas.
Para o N3 tes que cumprir o requisito de, cando menos, 6 meses de adestramento nun club de calquera categoría despois de rematar o N2.
O N3 (adestrador nacional) é un ciclo de grao superior, necesita unha serie de condicións de acceso que podes ver no apartado de Acceso e matrícula. Este N3 ten unha duración dun curso académico, máis de 800 horas, das cales 200 son de prácticas nun club.
En resume, podes rematar os tres niveis en tres anos, ganamos un ano completo ao sistema anterior.
A realización destes ciclos proporciona o acceso a outras ensinanzas, o podes ver detallado no apartado Normativa.
Podes ver os módulos de cada nivel na lapela seguinte. Se tes algún estudo relacionado (Maxisterio, INEF,...) podes validar módulos, consúltao no apartado Normativa.
MÓDULOS DO N1
BLOQUE COMÚN
| Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
| 15 | Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte | |
| 10 | 5 | Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo |
| 10 | 10 | Adestramento deportivo |
| 5 | Fundamentos sociolóxicos do deporte | |
| 5 | Organización e lexislación do deporte | |
| 30 | 15 | Primeiros auxilios e hixiene no deporte |
BLOQUE ESPECÍFICO
| Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
| 10 | Desenvolvemento profesional | |
| 5 | 5 | Dirección de equipos |
| 10 | 10 | Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol |
| 5 | 10 | Preparación física |
| 15 | 5 | Regras de xogo |
| 10 | 10 | Seguridade deportiva |
| 20 | 20 | Tácticas e sistemas de xogo |
| 20 | 20 | Técnica individual e colectiva |
BLOQUE COMPLEMENTARIO
| Horas | Denominación |
| 25 horas teórico-prácticas | Módulo formativo complementario do primeiro nivel |
MÓDULOS DO N2
BLOQUE COMÚN
| Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
| 25 | Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II | |
| 15 | 5 | Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo II |
| 15 | 10 | Adestramento deportivo II |
| 10 | Organización e lexislación do deporte II | |
| 10 | Teoría e socioloxía do deporte |
BLOQUE ESPECÍFICO
| Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
| 10 | Desenvolvemento profesional II | |
| 10 | 5 | Dirección de equipos II |
| 10 | 10 | Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol II |
| 10 | 10 | Preparación física II |
| 15 | 5 | Regras de xogo II |
| 20 | 20 | Tácticas e sistemas de xogo II |
| 20 | 20 | Técnica individual e colectiva II |
BLOQUE COMPLEMENTARIO
| Horas | Denominación |
| 45 horas teórico-prácticas | Módulo formativo complementario do segundo nivel |
MÓDULOS DO N3
BLOQUE COMÚN
| Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
| 10 | 10 | Biomecánica deportiva |
| 20 | 20 | Adestramento de alto rendemento deportivo |
| 20 | 10 | Fisioloxía do esforzo |
| 30 | 5 | Xestión do deporte |
| 10 | 5 | Psicoloxía de alto rendemento deportivo |
| 10 | Socioloxía do deporte de alto rendemento |
BLOQUE ESPECÍFICO
| Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
| 30 | 10 | Desenvolvemento profesional III |
| 15 | 15 | Dirección de equipos III |
| 15 | 10 | Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol III |
| 20 | 25 | Preparación física III |
| 15 | 10 | Regras de xogo III |
| 5 | 5 | Seguridade deportiva II |
| 30 | 60 | Tácticas e sistemas de xogo III |
| 20 | 70 | Técnica individual e colectiva III |
BLOQUE COMPLEMENTARIO
| Horas | Denominación |
| 25 horas teórico-prácticas | Módulo formativo de información e comunicación |
| 50 horas | Módulo formativo de lingua extranxeira (inglés) |
Este ciclo pertence a familia das ensinanzas especiais, por eso ten algunhas características propias pero, en xeral, funciona igual que calquera outro ciclo.
ASISTENCIA:
É obrigatoria, permitíndose un máximo de faltas dun 20% da carga horaria de cada módulo. Se alguén se pasa do máximo, cousa bastante sinxela debido a extremadamente pequena carga horaria dalgúns módulos, sigue a ter dereito a un exame final.
PRÁCTICAS:
Unha gran diferencia con outros ciclos de FP é que existen tres períodos de prácticas, un en cada nivel.
VALIDACIÓNS:
Dependendo dos estudos que acredites (TSAAFD, Maxisterio, INEF, outras titulacións deportivas, etc) podes ter dereito a validación de varios módulos.
En principio, con calquera das titulacións especificadas poderías validar gran parte ou todo o bloque común. Esto terías que solicitalo no propio instituto no prazo correspondente. Nesta ligazón podedes ver concretamente as validacións posibles segundo os teus estudos.
Os licenciados en Educación Física con mestría en Fútbol, poden validar tamén moitos módulos do bloque específico, pero eso terán que facelo eles persoalmente a través do CSD. Aquí tedes a ligazón a páxina web onde podedes baixar o formulario necesario e tamén a ligazón ao BOE que regula este proceso.
ACCESO A OUTROS ESTUDOS:
Ter superados os dous niveis do ciclo Técnico deportivo en Fútbol permite acceder a calquera das modalidades de bacharelato, calquera que fora o requisito académico para o acceso ás ensinanzas deportivas (Art. 22.5 do Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro).
O título de Técnico Deportivo Superior permite o acceso directo aos estudos universitarios que se determinen, tendo en conta os estudos cursados. (Art. 22.6 do Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro).
- Mestre en todas as especialidades
- Diplomatura en educación social
- Diplomatura en enfermería
- Diplomatura en empresas e actividades turísticas.
- Diplomatura en fisioterapia
- Diplomatura en terapia ocupacional.
- Diplomatura en traballo social.
- Diplomatura en turismo.
- Licenciatura en ciencias da actividade física e do deporte.
ACCESO
- Directo: Para acceder ao ciclo medio deberías ter o título da ESO ou outro ciclo de grao medio como mínimo. Tamén con 2º de BUP ou a proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
- Proba: No caso de non ter o título da ESO, terás que pasar unha proba de madureza (necesitas ter 17 anos cumpridos).
En calquera caso deberás pasar unhas probas físicas (podes descargalas do Currículo ou na web de ensinanzas especiais), que se celebran no CIFP Universidade Laboral no mes de xuño. (Mais información no menú Secretaría>Probas de acceso)
Para acceder ao ciclo de técnico deportivo superior (N3) debes cumprir o seguinte:
- Posuír o título de grao medio da especialidade Ciclo Técnico Deportivo en Fútbol (N1 - N2).
- Posuír algunha das seguintes titulacións:
- Título de bacharelato ou equivalente.
- Titulo de técnico superior de outra especialidade
- Título universitario
- Acreditar experiencia como adestrador federado durante 6 meses ou 183 días en calquera categoría e posterior ao ter o título de Técnico Deportivo en Fútbol. Segundo referencia Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro, Disposición final segunda, punto 1.
Se non tes o título de bacharel pero tes 19 anos cumpridos podes pasar unha proba específica de madureza.
MATRÍCULA
Secretaría>Probas de acceso