• Inicio
  • Formación
    • Oferta FP
    • Ensinanzas especiais
    • Acreditación ARA
    • Desempregados AFD
    • Libres
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
    • Innovación e formación
      • Premios
    • Calidade
    • Galería
    • Hemeroteca
  • Secretaría
    • Información
    • Admisión e matrícula
    • Probas de acceso
    • Becas
    • Validacións
    • Outros trámites
  • Alumnado
    • Orientación
    • Dinamización Lingua Galega
    • Bolsa de emprego
    • Viveiro de Empresas
  • Profesorado
    • Utilidades
  • Empresas
    • Bolsa de emprego
  • Internacional
    • Erasmus Policy Statement (EPS)
    • Acreditacións
    • Mobilidade Formación Profesional
    • Mobilidade Educación Superior
    • Proxectos de cooperación e desenvolvemento
    • Dimensión internacional
    • Convocatorias

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • Formación
    • Oferta FP
    • Ensinanzas especiais
    • Acreditación ARA
    • Desempregados AFD
    • Libres
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
    • Innovación e formación
      • Premios
    • Calidade
    • Galería
    • Hemeroteca
  • Secretaría
    • Información
    • Admisión e matrícula
    • Probas de acceso
    • Becas
    • Validacións
    • Outros trámites
  • Alumnado
    • Orientación
    • Dinamización Lingua Galega
    • Bolsa de emprego
    • Viveiro de Empresas
  • Profesorado
    • Utilidades
  • Empresas
    • Bolsa de emprego
  • Internacional
    • Erasmus Policy Statement (EPS)
    • Acreditacións
    • Mobilidade Formación Profesional
    • Mobilidade Educación Superior
    • Proxectos de cooperación e desenvolvemento
    • Dimensión internacional
    • Convocatorias

Miga de pan

  • Inicio
  • Oferta de ensinanzas especiais

Oferta de ensinanzas especiais

Use the arrow keys to navigate between tabs
Grao medio
  
N1 - N2Técnico Deportivo en Fútbol
Grao superior
  
N3Técnico Deportivo Superior en Fútbol

No noso centro se imparten dous ciclos, un de grao medio e outro de grao superior, impártense gratuitamente (agás a matrícula) en tres centros educativos en Galicia (CIFP Universidade Laboral de Culleredo en A Coruña, IES Sánchez Cantón en Pontevedra e IES Río Cabe en Monforte. Tamén o podes obter nalgún centro privado e, dende o curso 2010-11, coa Federación, pero en ambos casos non son cursos gratuitos).

VALIDEZ DAS ENSINANZAS

Queremos destacar que as titulacións obtidas tanto nos centros educativos como nas federacións son exáctamente as mesmas e están abaladas pola Ley del deporte nacional no seu artigo 55.4 e pola Ley do deporte autonómica nos artigos 73 e 74. Ninguén pode negar o traballo ou o acceso a calquera outra titulación alegando que a nosa titulación non é válida por non ser "federativa". Como podedes ler nas devanditas leis, ESTÁN OBRIGADOS a aceptalas. O mesmo ocorre para desempeñar traballos no estranxeiro, todos os países están obrigados a aceptar as titulacións que se impartan nos seus países asociados. No caso da Unión Europea existe a RED SOLVIT, encargada de solucionar os problemas relacionados coa libre circulación de traballadores, no caso de ter un problema se podería facer unha denuncia nesta asociación que se resolvería en 15 días. Polo tanto, non só os cursos federativos acreditan para licencias UEFA no estranxeiro, os títulos obtidos nos centros educativos son perfectamente válidos.

Realizar estes ciclos no CIFP Universidade Laboral ten a vantaxe principal da gratuidade, pero a formación obtida é de moi alto nivel, os profesores levan anos impartindo os módulos e compaxinando a docencia cunha moi ampla e contrastada carreira profesional en clubs de primeiro nivel. Ten por seguro que nestes centros recibirás a formación axeitada en todos e cada un dos módulos do ciclo así como unha atención personalizada e unha dedicación absoluta por parte do profesorado.

DURACIÓN DAS ENSINANZAS

Dende o curso 2020-21 tamén tes a vantaxe de poder rematar o ciclo medio en apenas un ano.

O Ciclo Medio está estruturado en dous niveis. O N1 desenvolverase durante os meses setembro a decembro, coas prácticas incluídas. A partir de xaneiro e até xuño farás o N2, tamén con prácticas incluídas.

Para o N3 tes que cumprir o requisito de, cando menos, 6 meses de adestramento nun club de calquera categoría despois de rematar o N2.

O N3 (adestrador nacional) é un ciclo de grao superior, necesita unha serie de condicións de acceso que podes ver no apartado de Acceso e matrícula. Este N3 ten unha duración dun curso académico, máis de 800 horas, das cales 200 son de prácticas nun club.

En resume, podes rematar os tres niveis en tres anos, ganamos un ano completo ao sistema anterior.

A realización destes ciclos proporciona o acceso a outras ensinanzas, o podes ver detallado no apartado Normativa.

Podes ver os módulos de cada nivel na lapela seguinte. Se tes algún estudo relacionado (Maxisterio, INEF,...) podes validar módulos, consúltao no apartado Normativa.

MÓDULOS DO N1

BLOQUE COMÚN

Horas teóricasHoras prácticasDenominación
15 Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte
105Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo
1010Adestramento deportivo
5 Fundamentos sociolóxicos do deporte
5 Organización e lexislación do deporte
3015Primeiros auxilios e hixiene no deporte

BLOQUE ESPECÍFICO

Horas teóricasHoras prácticasDenominación
10 Desenvolvemento profesional
55Dirección de equipos
1010Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol
510Preparación física
155Regras de xogo
1010Seguridade deportiva
2020Tácticas e sistemas de xogo
2020Técnica individual e colectiva

BLOQUE COMPLEMENTARIO

HorasDenominación
25 horas teórico-prácticasMódulo formativo complementario do primeiro nivel

MÓDULOS DO N2

BLOQUE COMÚN

Horas teóricasHoras prácticasDenominación
25 Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II
155Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo II
1510Adestramento deportivo II
10 Organización e lexislación do deporte II
10 Teoría e socioloxía do deporte

BLOQUE ESPECÍFICO

Horas teóricasHoras prácticasDenominación
10 Desenvolvemento profesional II
105Dirección de equipos II
1010Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol II
1010Preparación física II
155Regras de xogo II
2020Tácticas e sistemas de xogo II
2020Técnica individual e colectiva II

BLOQUE COMPLEMENTARIO

HorasDenominación
45 horas teórico-prácticasMódulo formativo complementario do segundo nivel

MÓDULOS DO N3

BLOQUE COMÚN

Horas teóricasHoras prácticasDenominación
1010Biomecánica deportiva
2020Adestramento de alto rendemento deportivo
2010Fisioloxía do esforzo
305Xestión do deporte
105Psicoloxía de alto rendemento deportivo
10 Socioloxía do deporte de alto rendemento

BLOQUE ESPECÍFICO

Horas teóricasHoras prácticasDenominación
3010Desenvolvemento profesional III
1515Dirección de equipos III
1510Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol III
2025Preparación física III
1510Regras de xogo III
55Seguridade deportiva II
3060Tácticas e sistemas de xogo III
2070Técnica individual e colectiva III

BLOQUE COMPLEMENTARIO

HorasDenominación
25 horas teórico-prácticasMódulo formativo de información e comunicación
50 horasMódulo formativo de lingua extranxeira (inglés)

Este ciclo pertence a familia das ensinanzas especiais, por eso ten algunhas características propias pero, en xeral, funciona igual que calquera outro ciclo.

ASISTENCIA:

É obrigatoria, permitíndose un máximo de faltas dun 20% da carga horaria de cada módulo. Se alguén se pasa do máximo, cousa bastante sinxela debido a extremadamente pequena carga horaria dalgúns módulos, sigue a ter dereito a un exame final.

PRÁCTICAS:

Unha gran diferencia con outros ciclos de FP é que existen tres períodos de prácticas, un en cada nivel.

VALIDACIÓNS:

Dependendo dos estudos que acredites (TSAAFD, Maxisterio, INEF, outras titulacións deportivas, etc) podes ter dereito a validación de varios módulos.

En principio, con calquera das titulacións especificadas poderías validar gran parte ou todo o bloque común. Esto terías que solicitalo no propio instituto no prazo correspondente. Nesta ligazón podedes ver concretamente as validacións posibles segundo os teus estudos.

Os licenciados en Educación Física con mestría en Fútbol, poden validar tamén moitos módulos do bloque específico, pero eso terán que facelo eles persoalmente a través do CSD. Aquí tedes a ligazón a páxina web onde podedes baixar o formulario necesario e tamén a ligazón ao BOE que regula este proceso.

ACCESO A OUTROS ESTUDOS:

Ter superados os dous niveis do ciclo Técnico deportivo en Fútbol permite acceder a calquera das modalidades de bacharelato, calquera que fora o requisito académico para o acceso ás ensinanzas deportivas (Art. 22.5 do Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro).

O título de Técnico Deportivo Superior permite o acceso directo aos estudos universitarios que se determinen, tendo en conta os estudos cursados. (Art. 22.6 do Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro).

  • Mestre en todas as especialidades
  • Diplomatura en educación social
  • Diplomatura en enfermería
  • Diplomatura en empresas e actividades turísticas.
  • Diplomatura en fisioterapia
  • Diplomatura en terapia ocupacional.
  • Diplomatura en traballo social.
  • Diplomatura en turismo.
  • Licenciatura en ciencias da actividade física e do deporte.

Decreto 353/2003, do 11 de setembro no que se estabelece o currículo do grao medio de técnico deportivo en fútbol.

Continuación 1

Continuación 2

Decreto 372/2003, do 16 de setembro no que se estabelece o currículo do grao superior de técnico deportivo superior en fútbol.

Continuación 1

Real Decreto 320/2000 de 3 de marzo.

ACCESO

  • Directo: Para acceder ao ciclo medio deberías ter o título da ESO ou outro ciclo de grao medio como mínimo. Tamén con 2º de BUP ou a proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
  • Proba: No caso de non ter o título da ESO, terás que pasar unha proba de madureza (necesitas ter 17 anos cumpridos).

En calquera caso deberás pasar unhas probas físicas (podes descargalas do Currículo ou na web de ensinanzas especiais), que se celebran no CIFP Universidade Laboral no mes de xuño. (Mais información no menú Secretaría>Probas de acceso)

Para acceder ao ciclo de técnico deportivo superior (N3) debes cumprir o seguinte:

  1. Posuír o título de grao medio da especialidade Ciclo Técnico Deportivo en Fútbol (N1 - N2).
  2. Posuír algunha das seguintes titulacións:
    1. Título de bacharelato ou equivalente.
    2. Titulo de técnico superior de outra especialidade
    3. Título universitario
  3. Acreditar experiencia como adestrador federado durante 6 meses ou 183 días en calquera categoría e posterior ao ter o título de Técnico Deportivo en Fútbol. Segundo referencia Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro, Disposición final segunda, punto 1.

Se non tes o título de bacharel pero tes 19 anos cumpridos podes pasar unha proba específica de madureza.

MATRÍCULA

Secretaría>Probas de acceso

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CIFP Universidade Laboral