Tecnoloxías do Hidróxeno no I.E.S. Universidade laboral
Durante o curso 2010/2011 o Departamento de Enerxía e Auga do IES Universidade Laboral participou no Proxecto de Innovación H2G.e
Trátase dun Proxecto de innovación tecnolóxica ao redor das tecnoloxías do vector enerxético que supón o hidróxeno. H2G O Hidróxeno como vector enerxético e as pilas de hidróxeno.

O Proxecto foi desenvolto en colaboración co CIFP Usurbil do País Vasco, co Centro de Investigación CIDETEC e coa empresa CEGASA.
Como Parte da difusión do Proxecto, celebrouse unha xornada de Tecnoloxías do Hidróxeno e a Pila de Hidróxeno no I.E.S. Universidade Laboral. A este evento asistiron profesionais do contorno da enxeñaría, profesorado e os estudantes de diversos centros educativos así coma do propio IES.
Os relatores foron os participantes no Proxecto H2G, I.E.S. Universidade Laboral, IFPS Usurbil, la empresa CEGASA.
A xornada desenvolveuse en dúas partes, unha primeira no salón de actos, na que os participantes en el Proxecto expuxeron as actividades desenvolvidas durante o Proxecto, así coma os fundamentos técnicos relacionados co hidróxeno e a pila que emprega este combustible para producir electricidade.


A segunda consistiu nun obradoiro no que se fixo a posta en marcha dunha planta de 1 kW na aula de instalacións solares del I.E.S. Universidade Laboral.

A pila de hidróxeno é unha tecnoloxía que se atopa dispoñible e é viable para a súa instalación en casos concretos a día de hoxe. Parece que será preciso agardar a que se desenvolva en maior medida a denominada “economía do hidróxeno”, para que as tecnoloxías que utilicen este combustible limpo e abundante no planeta sexan unha realidade.
Instalación de calefacción xeotérmica con fins didácticos
Proxecto premiado pola fundación Alcoa. Consiste nun aula didáctica cunha instalación de calefacción por bomba de calor con enerxía xeotérmica.
Bomba de calor solar
O noso centro foi premiado nos premios Innova FP pola coordinación do proxecto de Bomba de Calor levado a cabo en colaboración co IES de FENE e a empresa SOLARGAL.
A proposta é crear unha pequena bomba de calor que aproveite directamente a radiación solar e outro modelo que aproveite o calor, a partir dun circuíto primario, de paneis solares deseñados ao efecto.
PREMIOS Á INNOVACIÓN NA FP AO NOSO PROXECTO APEIA
O proxecto de ANÁLISE DE PERDAS ENERXÉTICAS POR INFILTRACIÓNS DE AIRE NO SECTOR RESIDENCIAL coordinado polo IES Universidade Laboral e coa participación do C.I.F.P. Someso e a empresa de enxeñería Taller de Ingeniería MYL, SLP., foi galardonado nos premios a innovación en FP dentro da modalidade A de Innovación tecnolóxica e científica.
Parabéns!!
Adestrador de regulación e control das instalacións solares térmicas
Este proxecto foi galardonado nos premios Innova de FP 2015 e foi realizado en colaboración coa Fundación Sotavento e a empresa Engasoft S.L.
O proxecto ten como produto principal un simulador das principais situacións susceptibles de actuación por parte dos equipos de mantemento de un aeroxerador, concretamente trátase do aeroxerador número 21 do Parque Eólico Experimental de Sotavento do fabricante Ecotecnia modelo 44/460.
A dispoñibilidade do simulador será en galego, castelán e inglés, aberto para a comunidade educativa e o entorno produtivo.
Adestrador de regulación e control das instalacións solares térmicas
O Proxecto ADESTRADOR DE REGULACIÓN E CONTROL DAS INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS foi premiado na II Convocatoria dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O desenvolvemento de dito proxecto levarono a cabo profesores dos departamentos de Enerxía e Auga e de Instalación e Mantemento xunto coa empresa SOLARGAL.
No proxecto ADESTRADOR DE REGULACIÓN E CONTROL DAS INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS, deseñouse e construíse un simulador de regulación e control de instalacións solares térmicas e desenrolouse o manual de uso do simulador e o manual de prácticas do adestrador.
PREMIOS Á INNOVACIÓN NA FP 2016
A Consellería de Educación vén convocando dende hai varios anos os premios para a innovación na Formación Profesional. En convocatorias anteriores destes premios foron varios os proxectos premiados do IES Universidade Laboral de Culleredo. Este ano o noso Centro volveu a contar cun novo proxecto premiado, esta vez na modalidade B (didáctica) e o proxecto vai consistir no “Deseño e montaxe dunha instalación altamente eficiente: Vestiario 0,0”.
PREMIO EXTRAORDINARIO FP GALICIA
Un alumno do noso centro, Óscar Patao Lameiro, do C.S. de Mantemento de Instalacións térmicas e de fluídos, acadou u dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2014/15.
Este premio é metálico e acreditativo, e recoñece e valora publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior.
Parabéns!!!
Medalla de Ouro para o noso centro. Galicia Skills
A Universidade Laboral foi premiada na cuarta edición das Galicia Skills, o maior campionato de FP a nivel galego.
A primeira participación do noso centro nas Galicia Skills, as Olimpiadas de FP a nivel autonómico, non puido ter mellor estreo, a preparación das probas foi esixente, pero o esforzo tivo recompensa, conseguimos o primeiro premio... a medalla de Ouro.
A competición foi en Silleda e durante tres días os alumnos tiveron que superar varias probas relacionadas co sector profesional ao que pertencen, o xurado finalmente atribuíu o primeiro premio na especialidade de Refrixeración a Pablo Lema, do Ciclo Medio de Instalacións Frigorí ficas . Tamén representará a Galicia na Especialidade de Electricidade, Alexandru Coretchi, do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas. Ambos alumnos da Laboral, conformarán o equipo que representará a Galicia nas Spainskills, que é o campionato nacional, así que terán que desplazarse a Madrid no mes de Marzo, para desenvolver as probas correspondentes a súa categoría. Desexámoslles moita sorte e de seguro a experiencia será inesquecible.
PARABÉNS A TODOS POLO ESTUPENDO TRABALLO!!!
Premio ao noso proxecto: ASUMES O RISCO?
O proxecto foi presentado nunhas xornadas levadas a cabo en Toledo "Aprender a emprender", nas que resultou seleccionado, o que supuxo un gran recoñecemento ao noso esforzo.
Con iso gañámonos a partcipación, representando ao noso centro, entre outros moitos, a nivel nacional, nas xornadas: “Como educar o talento emprendedor” que se desenvolveron en Xirona a fnais de xuño e onde tivemos a oportunidade de dar a coñecer a outros centros interesados a mensaxe, obxectvos e contido do noso proxecto , participando nun “Discovery meeting”.
Premio de Innovación en Formación Profesional.
O Departamento de Enerxía e Auga do noso centro acadou o premio de innovación en FP ao proxecto Equipos de Medición para a Eficiencia Enerxética en Hardware Libre (EMEEHL).
Co proxecto EMEEHL deseñaranse e construiranse equipos de transmitancia e rexistradores de variables ambientais baseados en hardware e sofware libre, como son Arduino e RaspberryPi. Con isto reduciranse os custos dende varios miles de euros a menos de cen euros. Ademais permitirá compartir o deseño co resto de centros educativos que precisen deste tipo de equipamento.
O proxecto lévase a cabo co IES San Clemente de Santiago de Compostela, coordinado dende o noso Centro.
1° premio no concurso Miniempresas Coruña 17-18
O alumnado da FP básica de Fabricación e Montaxe do IES Universidade Laboral conseguiu o 1° premio no concurso Miniempresas Coruña 17-18 coa súa cooperativa Edukart. Esta iniciativa forma parte do programa de emprendemento Lanzadeiras, a cargo da Fundación Alcoa e a Consellería de Educación. Edukart é unha miniempresa que se dedica ao aluguer de karts e circuítos de educación vial dirixido a centros educativos de diferentes niveis. Os karts e os sinais do circuíto son feitos pol@s soci@s cooperativistas e presentan a particulariedade de empregar para a súa elaboración material reciclado na súa meirande parte.


Alumna finalista na Olimpiada de Bioloxía
Este xaneiro de 2018 celebrouse a XIII Olimpiada de Bioloxía e, en representación da Universidade Laboral acudíu a nosa alumna de 2º-D Esperanza Moreno Parcero.
Foi unha experiencia fecunda porque ademáis da realización das consabidas probas teóricas e prácticas, puideron visitar catro dos laboratorios da facultade e intercambiar experiencias con outros alumnos de centros da comunidade, o cal enriquece o factor humano destes actos.
PROXECTO PREMIADO. NEVEIRA DOMÓTICA
Un novo proxecto do noso centro foi premiado en Innova FP. O proxecto desenvolverase coa colaboración entre o IES Universidade Laboral (centro coordinador) e o IES Terra de Soneira. Este proxecto educativo consiste no deseño e construción dun prototipo de neveira domótica que funcionará mediante un microcontrolador arduino programado a través dun entorno gráfico de programación baseado en bloques de Scratch.
O proxecto farase empregando hardware e software de libre acceso. O hardware libre está constituído polos dispositivos con especificaciones e esquemas de acceso público, os cales permiten múltiples aplicacións cun custo reducido.
O desenvolvemento do proxecto inclúe, no IES Universidade Laboral, a formación dunha empresa modelo, o mecanizado e a montaxe da envolvente metálica do prototipo, a instalación do illamento e do equipo de refrixeración. Pola outra banda, no IES Terra de Soneira tamén se constituirá unha empresa semellante que levará a cabo a xestión administrativa, laboral e comercial que precise a empresa encargada da fabricación do prototipo.


Premio de Innovación. Proxecto de mobilidade renovable
De novo o IES Universidade Laboral foi premiado por un proxecto científico, neste caso de Mobilidade Renovable.
O proxecto consiste no deseño e instalación dunha instalación solar fotovoltaica para recarga de vehículos eléctricos, así como unha aplicación informática para a xestión de quendas e monitoraxe de consumos, co fin de potenciar iniciativas innovadoras e demostrar a viabilidade de proxectos relacionados coas enerxías renovables, en particular fotovoltaica.
Foi desenvolvido en colaboración co IES San Clemente de Santiago de Compostela.


Premio de innovación educativa Desafíos STEM
O grupo de alumnos do curso de 2º de Formación Profesión Básica en Fabricación e montaxe (curso 2016-17) recibiu da Consellería de Educación o premio de innovación educativa Desafíos STEM impresión 3D, polo seu proxecto "O noso taller 3D".
A súa proposta está baseada na réplica dun taller, con diversa ferramenta de uso habitual, así como un decorado exterior cunha fonte de auga e iluminación mediante un mini panel solar. Esta idea e un compendio de todo o aprendido en diversos módulos do ciclo xunto co debuxo asistido por ordenador e a aposta por engadir a impresión 3D no seu aprendizaxe.
Programa Lanzadeiras para o Proxecto Miniempresas Coruña 2017-2018
O noso centro foi seleccionado no programa Lanzadeiras co proxecto Edukart, que será desenvolvido polo alumnado de FP básica de Fabricación e montaxe.
O proxecto Miniempresas Coruña pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de miniempresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado. Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.

Participación no Proxecto Incrúst@te
Participamos no Proxecto Incrúst@te: que é un grupo de investigación? Introdución á investigación en Química e Bioloxía, desenvolvido no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña.
Incrúst@te busca involucrar a los/as estudiantes en el proceso de investigación científica y ofrecerles la oportunidad de que lo experimenten de primera mano. Por ello, de entre el total de estudiantes, 10 chicas y 6 chicos fueron seleccionados/as para estar “incrustados/as” 3 días en los laboratorios del CICA aprendiendo con los/as investigadores/as de la UDC la profesión de científico/a y conociendo lo que es el día a día de un proyecto de investigación. Como resultado, presentaron todas las experiencias vividas, con pósters y presentaciones orales, en un minicongreso. Finalmente, 5 de ellos/as han podido llevar a cabo sus propios proyectos de investigación durante 2 semanas, tutelados/as por investigadores/as del centro.
El objetivo de esta iniciativa es aumentar el número de vocaciones científicas, dar a conocer las titulaciones de la Facultad de Ciencias de la UDC, visibilizar el trabajo de los/as investigadores/as y el papel de la mujer en la Ciencia. Por ello, Incrúst@te se centra en darles la posibilidad a chicos y chicas de entre 14 y 17 años de que aprendan a investigar en el CICA en alguna de las cuatro grandes áreas (Biotecnología, Medio Ambiente, Nuevos Materiales y Biomedicina) a las que pertenecen los grupos de investigación participantes.
Incrúst@te forma parte, por segundo año consecutivo, de la “Convocatoria de ayudas para el fomento de la cultura científica, tecnológica y de la innovación, modalidad creatividad y vocaciones científicas” de la FECYT- Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Concurso miniempresas
Centro seleccionado para participar no Programa de Lanzadeiras Coruña para o desenvolvemento de proxectos de miniempresas educativas en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na comarca da Coruña durante o curso escolar 2019/2020.
Esta acción establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Alcoa.
Os proxectos premiados foron:
- Mobitotal
- Zampaplastic
Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”
Este selo recoñece as iniciativas destinadas a promover o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias, nos centros de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a recoñecer, así mesmo, os esforzos das comunidades educativas porconformar “bibliotecas escolares inclusivas”, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento.
Proxectos premiados
Proxecto SMARTspringwater Fonte de auga intelixente.
Proxecto CE2RAP (Climatiación eficiente con enerxías renovábeis de axuda persoal).
Emprendemento Miniempresas
ZAMPAPLASTIC (de 2º FP Básica de Fabricación e Montaxe), miniempresa adicada á fabricación dun sistema de limpeza acuático para recoller plásticos dos ecosistemas mariños.
MOBITOTAL (de 1º de Ciclo Superior de Mecatrónica), miniempresa que fabricará un sistema de transporte eléctrico destinado a mellorar a nosa mobilidade
Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña
A Laboral gaña o concurso Concepción Arenal da Deputación da Coruña que este ano tivo como temática a Igualdade de xénero. O proxecto presentado recollía numerosas actividades desenvolvidas a nivel de aula como o obradoiro de rap, e a nivel de centro como a celebración do 25N, a mesa redonda sobre o sexismo no deporte, a exposición "Mulleres a contracorrente" e charlas con autoras como Antía Yáñez no club de lectura, entre outras. Todas tiñan como finalidade traballar a igualdade de xénero como elemento transversal. Outro recoñecemento máis ao labor de alumnado e profesorado da Laboral. Parabéns!!!
Premio estatal á Innovación na Formación Profesional
Na resolución da convocatoria de Premios a Proxectos de Innovación e transferencia de coñecemento na Formación Profesional para o curso 2019/2020, convocada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, o proxecto 53RV1C10 5.0 - da Industria 4.0 ao Servizo 5.0, coordinado polo IES Universidade Laboral e que conta coa participación do IES Monte Neme (Carballo), o CIFP Don Bosco (Guipuzkoa) e a empresa TECDESOFT, S.A., foi seleccionado polo Ministerio e premiado cunha cantidade de 155.900 € (49.450 € para a Laboral), sendo ademais o proxecto que obtivo maior puntuación no baremo da resolución.
O obxectivo primario do proxecto 53RV1C10 5.0 é a incorporación de Cobots (collaborative robots) ao sector servizos para que axude aos traballadores e traballadoras da hostalería na realización das operacións monótonas, mecánicas e impersoais que se realizan no seu traballo. Preténdese ofrecer un novo e mellor servizo ás persoas coa creación dun novo concepto. O Servizo 5.0.
Os cobots, a diferencia dos robots tradicionais, caracterízanse por ser lixeiros e de pequeno tamaño. E o que é máis importante, preparados para traballar "man a man" coas persoas. Estímase que a venta de cobots multiplicarase por vinte no ano 2025.
A obtención do premio vai permitir ao alumnado do IES Universidade Laboral formarse na tecnoloxía emerxente dos robots colaborativos e realizar un proxecto real usando os mesmos nun novo ámbito, o do sector servizos, e con novas aplicacións como o enchido de envases con bebidas a granel personalizadas, entre outras.


Premio Nacional de Buenas Prácticas
Premio Nacional de Buenas Prácticas, do Ministerio de Educación e Formación Profesional
O centro recibe neste curso o Premio Nacional de Buenas Prácticas, outorgado polo Ministerio de Educación e FP, na súa convocatoria do ano 2019, na categoría "Saúde integral".
Este premio recoñece o traballo feito no centro durante o curso 2018/19 e anteriores respecto da promoción de boas prácticas saudables, especialmente na Semana da Saúde.