MATRÍCULA 2026-27
Dirixido a:
Alumnado de nova incorporación.
Alumnado repetidor de 1.º curso (Grao Medio e Grao Superior).
Alumnado de Cursos de Especialización.
Alumnado de FP Acelerada.
Alumnado de FP Dual de nova incorporación.
Alumnado da oferta modular a distancia.
Solicitude de admisión (preinscrición)
A solicitude de admisión é obrigatoria antes da matrícula.
Debe realizarse a través do asistente web de Ciclosadmisión: www.edu.xunta.gal/ciclosadmision
Prazo: do 15 ao 30 de xuño de 2026 ás 13:00 h.
Consulta o calendario oficial do proceso: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-26-27-calendario
Tipos de solicitude
Segundo o resultado do asistente, a túa solicitude poderá ser:
Validación automática: non é necesario acudir ao centro.
Entrega automática: o centro revisará a documentación de forma telemática.
Entrega presencial: deberás presentar a solicitude e a documentación no centro dentro do prazo establecido.
Adxudicación de prazas
O proceso inclúe varias fases de adxudicación. É fundamental consultar as publicacións e respectar os prazos.
Pasos do proceso
Publicación das listaxes provisionais de adxudicación.
Presentación de reclamacións, se procede.
Publicación das listaxes definitivas de adxudicación.
Moi importante: cando se che adxudique unha praza, deberás reservala ou renunciar a ela dentro do prazo establecido.
Formalización da matrícula
Só poderá matricularse o alumnado que obteña praza no proceso de admisión.
Documentación necesaria
Impreso de solicitude de matrícula.
DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).
Documentación que acredite a titulación de acceso:
Certificación académica dos estudos realizados, ou
Fotocopia compulsada do título, ou
Fotocopia compulsada do libro de escolaridade, se procede.
Xustificante do pagamento do seguro escolar (para menores de 28 anos a 31/12/2026).
Seguro escolar (menores de 28 anos)
Importe: 1,12 €
Conta bancaria (ABANCA):
ES91 2080 0065 3231 1000 0146No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.
O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.
Matrícula mediante representante
Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:
Autorización asinada. Modelo.
DNI orixinal da persoa autorizada.
Copia do DNI da persoa matriculada.
Advertencias importantes
Non realizar a matrícula, a reserva ou a renuncia dentro do prazo supón a exclusión do proceso de admisión.
Ata a finalización da primeira semana lectiva poderá entregarse:
O xustificante do seguro escolar.
A documentación acreditativa da titulación de acceso.
A falta desta documentación poderá provocar:
A anulación da matrícula.
A baixa de oficio no ciclo formativo.
Prazo: do 15 ao 30 de xuño de 2026 ata as 13:00 h.
Documentación necesaria:
Para formalizar a matrícula deberás presentar de XEITO PRESENCIAL no centro educativo, a seguinte documentación:
Solicitude de matrícula
Impreso de solicitude de matrícula debidamente cuberto e asinado. Anexo I ED522A
Se a persoa solicitante é menor de idade, deberá asinar tamén unha das persoas titulares da patria potestade ou representante legal.
En caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os dous proxenitores.
Documento de identificación
DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).
Seguro escolar (menores de 28 anos)
Importe: 1,12 €
Conta bancaria (ABANCA): ES91 2080 0065 3231 1000 0146
No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.
O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.
Matrícula mediante representante
Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:
Autorización asinada. Modelo.
DNI orixinal da persoa autorizada.
Copia do DNI da persoa matriculada.
Importante
Recoméndase revisar toda a documentación antes de entregala para evitar incidencias ou atrasos na formalización da matrícula.
A matrícula só se considerará formalizada cando se presente toda a documentación requirida dentro do prazo establecido e sexa autorizada polo órgano competente.
Quen debe realizar este trámite?
Alumnado que promociona de 1.º a 2.º curso.
Alumnado que repite 2.º curso.
Prazo: do 15 ao 30 de xuño de 2026 ás 13:00 h.
Como se realiza a solicitude?
Este procedemento non está centralizado e, polo tanto, non se utiliza o asistente web de Ciclosadmisión.
A solicitude deberá realizarse mediante o Anexo I correspondente e presentarse PRESENCIALMENTE no centro educativo.
O alumnado menor de idade deberá acudir acompañado polo pai, nai ou titor/a legal.
Situacións posibles
a. Alumnado con praza garantida
Teñen praza garantida:
As persoas que promocionan de 1.º a 2.º no mesmo centro e no mesmo ciclo.
As persoas que repiten 2.º curso por primeira vez no mesmo centro.
Que deben facer?
Presentar a solicitude de matrícula no propio centro dentro do prazo establecido.
b. Alumnado sen praza garantida
Corresponde ao alumnado procedente doutro centro educativo.
Que deben facer?
Ademais da solicitude de matrícula, deberán presentar:
Certificación académica do centro de orixe.
A certificación deberá indicar expresamente que a persoa cumpre os requisitos de promoción a 2.º curso.
Deberán constar todas as cualificacións obtidas en 1.º curso.
Como se adxudican as prazas?
Se hai máis solicitudes que prazas dispoñibles, aplicarase un proceso de baremación.
O criterio de prioridade será a nota media de 1.º curso, calculada con dous decimais.
Neste caso, a presentación da documentación constitúe unha solicitude de acceso, non unha matrícula inmediata.
Solicitude de matrícula
Impreso de solicitude de matrícula debidamente cuberto e asinado.
Se a persoa solicitante é menor de idade, deberá asinar tamén unha das persoas titulares da patria potestade ou representante legal.
En caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os dous proxenitores.
Documento de identificación
DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).
Seguro escolar (menores de 28 anos)
Importe: 1,12 €
Conta bancaria (ABANCA): ES91 2080 0065 3231 1000 0146
No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.
O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.
O alumnado procedente doutros centros que non teña a praza garantida non deberá aboar o seguro escolar ata que se lle confirme a praza.
Documentación adicional para alumnado doutros centros
O alumnado sen praza garantida deberá presentar tamén:
Certificación académica do centro de orixe.
Acreditación de que cumpre os requisitos de promoción a 2.º curso.
Cualificacións completas de 1.º curso.
A nota media dos módulos de 1.º curso será o criterio de prioridade para a adxudicación das praza
Alumnado con praza non garantida en 2º | Día |
Listaxe provisional | 03/07/2026 |
Reclamacións á listaxe provisional | 06/07/2026 e 07/07/2026 |
Listaxe definitiva | 10/07/2026 |
Matrícula mediante representante
Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:
Autorización asinada. Modelo.
DNI orixinal da persoa autorizada.
Copia do DNI da persoa matriculada.
Matrícula | Día |
FCT/Proxecto Convocatoria Decembro | 01/07/2026 ao 31/07/2026 De 09:00-13:00h |
Documentación a presentar nas oficinas de secretaría do centro:
Solicitude de matrícula
Impreso de solicitude de matrícula debidamente cuberto e asinado.
Documento de identificación
DNI, NIE ou pasaporte en vigor (orixinal e copia).
Seguro escolar (menores de 28 anos)
Importe: 1,12 €
Conta bancaria (ABANCA): ES91 2080 0065 3231 1000 0146
No concepto do ingreso debe figurar o nome completo do alumno ou alumna.
O xustificante deberá presentarse fotocopiado en tamaño DIN A4.
Documentación adicional para alumnado doutros centros
No caso de alumnado procedente doutro centro, deberase presentar a maiores a certificación académica do centro de orixe onde consten os criterios de promoción e acceso ao módulo de FCT e/ou proxecto.
Matrícula mediante representante
Se non podes realizar a matrícula persoalmente, a persoa autorizada deberá presentar:
Autorización asinada. Modelo.
DNI orixinal da persoa autorizada.
Copia do DNI da persoa matriculada.
Solicitude de exención do módulo de FCT:
O alumnado que desexe solicitar a exención do módulo de FCT debe achegar nos períodos de matrícula indicados, a seguinte documentación.
Solicitude de exención de FCT (Anexo XV).
Informe de vida laboral.
Modelo de certificación da empresa na que se indiquen: duración do contrato, posto de traballo e tarefas desenvolvidas. (Modelo do Anexo III).
DNI.
Para casos excepcionais consultar no correo: secretaria.cifp.universidade.laboral.coruna @edu.xunta.gal
Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Esta web contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.
