Cando facemos un contido (por exemplo unha páxina) temos a posibilidade e deixar que o mesmo sexa comentado polos usuarios (incluíndo os anónimos) e polo tanto que os seus comentarios aparezan na nosa páxina baixo o contido en cuestión. As opcións de comentarios teñen que ser decididas polos administradores e poden ir dende a máis absoluta restrición (non permitir comentarios) á de só permitir comentarios a algúns roles ou algúns tipos de contido ou incluso a de permitir aos visitantes anónimos envialos

Se non desexamos comentarios (política moi restritiva) iremos aos roles que temos activos na páxina é lles desactivaremos o módulo comment nas súas catro opcións -podemos ir rol a rol dende a ruta administrar > mantemento de usuarios > roles (editar permisos) ou ben na ruta administrar > mantemento de usuarios > control de acceso e deixar os permisos como se amosan na imaxe (só activos para os administradores)

permisos para comment


Se desexamos que algún dos roles teñan opcións de comentarios activaríamos os seus permisos no módulo nas opcións que consideremos convenientes (acceder a comentarios, administrar comentarios, enviar comentarios, enviar comentarios sen aprobación).

Se deixamos que o rol en cuestión teña acceso a administrar comentarios entón os seus usuarios poderán decidir se deixan comentar os contidos no momento de escribilos (pode ser que algúns contidos queiramos que admitan comentarios e outros non) xa que lles aparecería a caixa de Opcións de comentarios antes de envialos contidos pero tamén activaríase entón a opción, para tales usuarios, de aprobar ou rexeitar os comentarios enviados sen aprobación por outros usuarios.

permisos do módulo


O usuario do rol que ten activa a opción citada (administrar) vería a seguinte posibilidade no momento de crear o contido:

posibilidades de comentarios

por defecto está en Lectura/Escritura (esto pode cambiarse en administrar > administración do contido > tipos de contido (editar o seleccionado) > opcións predeterminadas para comentarios).

Para rematar, se un rol tivera permisos para enviar comentarios pero non seleccionado "enviar comentarios sen aprobación" o administrador tería que ir a Administrar > Administración do contido > Comentarios e alí premer a pestana Lista > Cola de aprobación seleccionar o comentario e decidir se o publica ou o borra.
Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM