Así como temos creados uns roles temos tamén uns usuarios creados dende Webs Dinámicas asignados a eses roles. Na ruta: Administrar > Mantemento de Usuarios > Usuarios vemos:

usuarios
Nesta xanela aparece a lista dos usuarios activos tal como ven configurada por defecto. Observamos que cada usuario vai asignado a un rol. Premendo na opción editar poderíamos cambiar as opcións do usuario e tamén borralo (é moi importante non borrar nin o usuario admin nin o usuario webmaster -este é o usuario empregado dende Servizos Centrais para labores de mantemento e actualización da plataforma-).Estas opcións modificables son, entre outras : nome, contrasinal, o rol que ten, as opcións do seu bloque de navegación, a configuración do seu tema...

Se fixeramos algunha variación nun usuario sempre debemos de deixar activo na Configuración do bloque a opción Navegación.

Se quixeramos Engadir un usuario prememos na pestana contigua e introduciriamos o seu nome, mail (pode ser ficticio) o rol ao que o asignamos e unha contrasinal inicial (para que logo a modifique o usuario), damoslle a botón Crear conta e o usuario novo aparecerá na nosa lista de usuarios.

Unha vez na lista lle damos a editar e nos aseguramos que ten activo o bloque Navegación e se non é un usuario administrador lle desabilitamos a opción CRON (lanza o actualizador das táboas para indexar o contido da páxina). Podemos tamén comprobar que a opción TinyMCE rich-text settings estea na posición Enable para que o usuario poda crear contidos utilizando o editor de texto do Drupal.

opcións do usuario

Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM