Inicio de sesión, cambio de contrasinal e pechar sesión
Requisitos do completado
Drupal é un sistema que en función do usuario autenticado determina o que pode ou non pode facerse na páxina. Os administradores da páxina proporcionan un nome de usuario e unha contrasinal a aqueles que van a poder traballar na páxina (por exemplo engadindo contido).
Basta con Iniciar sesión cos datos recibidos (no exemplo profe1 / ...) para poder traballar na páxina segundo sexan as funcións do noso rol. Malia que dúas ou máis persoas pódense autenticar co mesmo nome e contrasinal de usuario e recomendable que os usuarios sexan individuais (é o Centro o que determina isto, podendo dar usuarios individuais ou colectivos, por exemplo un usuario por departamento didáctico ou tantos usuarios como membros do departamento)
Unha vez identificados observamos como varía a páxina e aparece na mesma o noso menú navegación dende o que poderemos, por exemplo, engadir contido.
Se o usuario é individual o primeiro que é recomendable facer é cambiar a contrasinal que nos deron por unha nova da nosa elección. Prememos no apartado A miña conta chegando a unha pantalla como a da imaxe. Para modificar a contrasinal temos que seleccionar a pestana Editar
aparecen a continuación a pantalla na que poderemos introducir a nova contrasinal e a caixa para confirmala. Tamén podemos cambiar o enderezo de correo poñendo o correo que desexamos (non é preciso que sexa unha conta de correo activa ou valida pero non pode quedar baleira esta caixa)
O resto das opcións que aparecen as deixamos como están e para rematar baixamos ata o final da pantalla e lle damos a enviar.
_______________________________________________________________
Rematar a sesión de traballo premendo na opción saír é importante antes de saír do navegador ou apagalo equipo. De tódolos xeitos se a páxina non rexistra actividade durante un tempo (por defecto 3600 segundos) Drupal volveranos a pedir que nos identifiquemos co noso nome de usuario e contrasinal para poder seguir traballando.
![]() |
Basta con Iniciar sesión cos datos recibidos (no exemplo profe1 / ...) para poder traballar na páxina segundo sexan as funcións do noso rol. Malia que dúas ou máis persoas pódense autenticar co mesmo nome e contrasinal de usuario e recomendable que os usuarios sexan individuais (é o Centro o que determina isto, podendo dar usuarios individuais ou colectivos, por exemplo un usuario por departamento didáctico ou tantos usuarios como membros do departamento)
Unha vez identificados observamos como varía a páxina e aparece na mesma o noso menú navegación dende o que poderemos, por exemplo, engadir contido.
![]() |
Se o usuario é individual o primeiro que é recomendable facer é cambiar a contrasinal que nos deron por unha nova da nosa elección. Prememos no apartado A miña conta chegando a unha pantalla como a da imaxe. Para modificar a contrasinal temos que seleccionar a pestana Editar
![]() |
aparecen a continuación a pantalla na que poderemos introducir a nova contrasinal e a caixa para confirmala. Tamén podemos cambiar o enderezo de correo poñendo o correo que desexamos (non é preciso que sexa unha conta de correo activa ou valida pero non pode quedar baleira esta caixa)
![]() |
O resto das opcións que aparecen as deixamos como están e para rematar baixamos ata o final da pantalla e lle damos a enviar.
_______________________________________________________________
Pechar sesión significa pechar a páxina na opción Saír do noso menú navegación.
![]() |
Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM




