Para crear contido, debemos ir ao noso menú de navegación e premer en crear contido, isto fai que se despreguen as opcións dos distintos tipos posibles de contido que dependendo do noso rol podemos crear. 

menu crear contido
crear contido

tendo seleccionado o tipo de contido que imos crear (no exemplo páxina) aparece a xanela que contén o formulario onde temos que:

-escribir o título do contido (OBRIGATORIO) 
-seleccionar o menú (categoría) na que vai a estar publicado (tamén depende do noso rol poder facelo en mais ou menos apartados). Despregamos as distintas categorías e eliximos onde vai.
-ir a caixa do editor de texto e escribir o que queiramos.
-e para rematar, darlle ao botón enviar ao final do formulario

crear contido


O editor de texto

O seu funcionamento é moi semellante a outros editores de texto. Teremos a vista unha serie de iconas para darlle formato ao noso texto: tipo de letra, tamaño, subliñado, cursiva... O normal é usar o editor nesta vista:



editor de texto


escribimos na caixa o que queremos e lle damos ao botón enviar. Se queremos ver como queda o noso texto prememos en Vista previa e logo, unha vez comprobado o resultado, enviamos o documento que irá ao lugar elixido (categoría) anteriormente
. 

NOTA: A opción de disable-rich text desactiva o editor e da acceso a unha caixa onde escribir texto plano ou texto con formato html, ademais de aparecer un botón co que subir imaxes utilizando o módulo Image Assist (tal e como explicaremos non é esta a única opción que temos de engadir imaxes e, de feito, non é a máis recomendable)
Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM