Podemos engadir algúns bloques que dinamicen a nosa páxina facendoa máis atractiva. Esta personalización incorpora códigos html que explicamos a continuación:

1.Bloques con imaxes

Primeiro engadimolo bloque na ruta Administrar - Construcción da páxina - Bloques (seleccionamos a pestana Engadir bloque). Os códigos que citaremos neste capítulo hai que introducilos na zona corpo do bloque, tal e como se ve na imaxe:

engadir bloque

Imos a facer un bloque cun enlace ao portal de contidos educativos utilizando unha imaxe. Antes de proceder debemos ter as imaxes preparadas (é recomendable telas nun tamaño axustado ao bloque, no noso exemplo 195 de ancho por 64 de alto, hai que ter coidado co ancho xa que unha resolución maior pode desconfigurar a páxina). Unha vez teñamos a imaxe a subimos a nosa páxina utilizando para elo o módulo IMCE: creamos un novo contido premendo en Crear Contido do noso menú navegación, eliximos o contido tipo páxina e prememos na icona da árbore do editor de texto:

icona do imce

no cadro que aparece a continuación prememos na icona que aparece sinalada ca frecha na seguinte imaxe:

Imce Subir Imaxe

unha vez feito isto na pantalla que aparece damoslle a Seleccionar arquivo (buscamos a imaxe no noso equipo) e despois a Upload File. Unha vez subida a imaxe lle damos a add:

subir imaxes

na pantalla Inserir/editar imaxe que vimos antes aparecerá entón a dirección da imaxe que debemos copiar. É dicir, temos unha imaxe no noso espazo e sabemos a súa dirección (a que acabamos de copiar).

Para facer o bloque con imaxes hai que copiar o seguinte código no corpo do Bloque:

CÓDIGO

e substituír neste código o que ven subliñado en vermello (enlace ao que se accede ao premer na nosa imaxe) e o subliñado en azul (dirección da imaxe no noso espazo). Facemos os axustes no tamaño da imaxe se esta non quedara ben e por último gardamos o bloque e o configuramos activándoo e dandolle un nome.

Se quixésemos engadir novas imaxes repetiriamos o código anterior facendo as substitucións oportunas

2. Marquesiña de novas

O procedemento para ter unha marquesiña de Novas é similar ao descrito: administrar - construción da páxina - bloques (pestana engadir bloque) engadindo no corpo do bloque o seguinte código:

CÓDIGO

<marquee LOOP="0" BEHAVIOR="scroll" onmouseover='this.stop()' onmouseout='this.start()' BGCOLOR="#EDF5FA" scrollamount="1" DIRECTION="up" HEIGHT="70" WIDTH="150">
Materiais para o EDI

Acceso aos manuais de XadeWeb
</marquee>

aquí substituímos o subliñado en vermello pola dirección que queiramos como enlace e o subliñado en azul polo que queremos que apareza na marquesiña. Tamén debemos, segundo sexa o tema elixido, variar o seu tamaño e cor. Despois de gardar o bloque apareceranos na lista dentro dos bloques desactivados, o configuramos (hai que darlle un título) e o activamos se así o desexamos.

Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM