Adxuntos aos nosos documentos .
Requisitos do completado
Como inxerir adxuntos nos documentos
Podemos achegar ficheiros (pdf, doc ...) ao noso contido. Teremos que telo creado e dirixirnos a opción de Ficheiros adxuntos. Tal e como aparece na captura da pantalla cando despregamos ista opción temos que seleccionar o arquivo que queremos que apareza no noso envío e unha vez seleccionado darlle a Adxuntar, unha vez feito isto teremos á vista unha pantalla similar a seguinte:![]() |
onde vemos (no exemplo enmarcado en laranxa) a ruta do arquivo ou dirección do enlace, isto é, a súa situación no noso espazo. Esta ruta a podemos enlazar a unha palabra ou frase do noso texto utilizando a ferramenta Inxerir enlace do editor (se eliximos esta maneira de enlazar o documento é recomendable non ter seleccionado Lista xa que sería redundante). Polo tanto imos ao texto que estamos escribindo e procedemos segundo vese na imaxe
![]() |
aparece entón unha pantalla como a que segue na que poñemos a dirección anteriormente copiada do arquivo subido podendo elixir na opción Destino se queremos que o arquivo se abra en páxina aparte (_blank) ou na mesma páxina, para rematar lle damos ao botón Inxerir.
![]() |
O enlace soamente será operativo unha vez lle demos ao botón Enviar, é dicir, non é activo na vista previa.
Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM


