Tal e como vimos no apartado anterior para escribir os nosos artigos dispoñemos dun editor de texto cuns botóns que marcan distintas opcións para darlle formato ao escrito.

dando formato

De tódalas iconas de que dispoñemos -a maioría explícanse por se mesmas- son de especial interese a icona da árbore e a dos elos da cadea e que permiten:

iconas
Falaremos destas opcións máis adiante.

Drupal permite tamén desactivar o editor de texto accedendo entón a unha caixa baleira onde podemos escribir texto plano (sen formato) e texto html. Se prememos en disable rich-text vemos o "editor" na nova vista:

disable

editor sin tinyMCE

Esta segunda vista coa caixa das iconas desactivadas emprégase cando queremos engadir etiquetas html (por exemplo as etiquetas <embed> que proporcionan as páxinas con vídeo como Youtube o Google Video). Nesta segunda vista da caixa de texto vemos tamén unha icona na que premendo nela poderemos inserir imaxes nos documentos. Sempre podemos volver á vista normal premendo en enable rich-text.

Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM