Na ruta Administrar > Construción da páxina > Plantillas

ruta plantillas

accedemos aos distintos temas que pódemos elixir para o aspecto externo da nosa web: cores, encabezado, forma dos bloques e tipo de letra virán determinados polo tema elixido. É nos temas onde poderemos incluír o noso logo personalizado.

Para elixir un tema temos primeiro que activalo e despois poderemos elixilo seleccionando a opción por defecto (esto faría dese tema o principal) unha vez gardada a configuración.

MOI IMPORTANTE: antes de cambiar o tema por defecto debemos ir a ruta administrar > construción da páxina > bloques e comprobar se os bloques para ese tema están ou non activos e se non estiveran activalos segundo sexa o noso desexo. Hai que ter sempre activos os bloques Navegación e Inicio de Sesión.




na imaxe observamos que temos o tema B7 e B7 Brown activos aínda que ningún e o tema por defecto da páxina. Os temas Andreas01.. non están activos. Vemos tamén na imaxe as dúas posibilidades para acceder ás opcións de configuración. Se prememos na pestana Configurar teremos a vista as posibilidades de configuración globais (valen para tódolos temas) e as propias dos temas activos. Nas Configuracións globais elixiremos mostrar o Logo (ou non), etc. Se quixeramos -por exemplo- desactivar a caixa de busca que aparece normalmente na equina superior dereita da páxina o faríamos aquí. É importante ter configurado as opcións relativas a Amosar información dos envíos referidos aos tipos de contido (se queremos ou non que apareza ao final dos envíos información relativa a súa autoría e data de creación).




Na mesma xanela se prememos nos nomes dos distintos temas activos da nosa páxina accedemos a configuración propia do tema onde por exemplo poderemos subir un logo personalizado.



se a caixa Usa-lo logotipo por defecto está activa o tema mostrara o seu propio logo, se a desactivamos subiremos un logotipo propio e o tema o mostrara. Debemos gardar a configuración no final da páxina para que os cambios que fagamos sexan visibles (OLLO: non premer en Restaurar valores predeterminados xa que entón perdemos a configuración dos bloques do tema elixido)

advertencia


IMPORTANTE: Cando activemos e seleccionemos un tema por defecto a visualización da páxina cambiará para tódolos roles agás que nas opcións de configuración dun usuario concreto elixamos outro tema dos activos (Ruta: administrar > mantemento de usuarios > usuarios > lista de usuarios: editar > configuración do tema).


NOTA: Independentemente do tema elixido (é tamén do configurado para os usuarios que pertencen ao rol administrador) sempre que entremos a administrar a páxina Drupal por defecto amosara as opcións de administración no tema bluemarine. Esto configurase na ruta: administrar - configuración da páxina - plantilla de administración e non debería de ser modificado.

configuracion do logo

plantillas2

pantillas
Last modified: Thursday, 1 December 2016, 1:42 PM