Unha das variables que interveñen no aspecto da páxina é a colocación dos distintos bloques que conteñen os nosos menús (como veremos máis adiante, menús asociados a categorías). Podemos querer que tódolos bloques vaian na esquerda ou na dereita (ou algún bloque abaixo ou arriba).Tamén podemos desactivar algún (pasaría a non ser visible para o tema seleccionado). Na imaxe queda claro que se entende aquí por bloque:


Exemplo de bloque

Vemos os tres primeiros bloques de contido que teñen as páxinas no comezo do proxecto. Neste apartado explicamos como modificar a súa posición nas áreas da páxina. Vamos á ruta: Administrar - Construción da Páxina - Bloques e atopamos dúas pestanas: Lista e Engadir Bloque. Na lista observamos primeiro os temas dos que dispoñemos e en primeiro lugar o tema que temos activo por defecto. As opcións dos bloques que aparecen refírense a ese tema aínda que podemos cambiando o tema nesa lista configurar os bloques para outros temas.

É moi importante lembrar que antes de cambiar o tema ou plantilla na ruta administar > construción da páxina > plantilla como explicamos máis adiante debemos de comprobar como están os bloques para ese tema e activalos se fora necesario. Os bloque de Inicio de Sesión e Navegación deben estar sempre activos.


bloques activos

Podemos, movéndonos polos bloques que temos a nosa disposición, comprobar como visualizariamos a páxina se fose o da nosa elección. Máis abaixo desta mesma pantalla vemos os distintos bloques e as distintas posibilidades de colocación (Rexión e Peso).


Configuración dos Bloques

O cambio de Rexión (isto é, de área onde vai situado o bloque) admite as opcións que se ven no menú desplegable cando se preme nel (na imaxe é a frecha Variar situación). Se seleccionamos ningún o bloque quedaría agochado para tódolos usuarios e pasaría entón a sección de Desactivado (como no exemplo o bloque Biblioteca). Lembrade non desactivar os bloques Navegación e Inicio de Sesión.

A configuración do peso permitenos situar os bloques na mesma área segundo sexa o noso desexo: arriba ou abaixo. Son valores numéricos que van dende o -10 ao 10 (canto menos peso asignemos a un bloque máis arriba se situará na área ou rexión elixida para él).

Tódolos axustes valen para o bloque seleccionado e soamente para el. Logo será a nosa elección activar o tema e seleccionalo por defecto tal e como explicamos no seguinte apartado.


Por último na opción Configurar
podemos determinar que certos bloques sexan visibles soamente para algún ou algúns roles (por exemplo para tódolos autenticados) e non para o anónimo.


bloques e roles
Last modified: Thursday, 1 December 2016, 1:42 PM