Os Roles de Usuario e os Usuarios
Completion requirements
Unha das primeiras cousas a ter en conta na nosa páxina é que tódolos usuarios (os xa existentes e os novos aos que dé de alta o centro) van asignados a roles e que son os roles os que determinan o que os usuarios poden facer ou non na páxina (se poden administrar, que tipos de contidos podén crear, onde podén crear eses contidos...)
Cando entramos como administradores da páxina e prememos no menú Administrar obtéremos a seguinte vista no menú principal:

para configurar roles e usuarios eliximos a opción Mantemento de usuarios e xa teremos á vista as opción de configuración tanto no menú da esquerda como na xanela principal podendo navegar indistintamente por ambas:
Premendo na opción Roles teremos á vista os roles creados e as opcións de configuración. Poderíamos tamén crear un rol novo ou modificar os xa existentes ou ben deixalos como están: administrador, Alumnado, Pais e Profe.
A opción editar rol cambia o nome ao rol e editar permisos configura os permisos -propiamente os módulos que son funcionais para eses usuarios-, isto é, o que poden facer os usuarios que van ser asignados a ese rol.
Os roles anonymous user e authenticated user son propios do Drupal e non podén ser eliminados.
Se quixeramos facer algunha modificación nos roles e para que Drupal a rexistre deberíamos ir ao final da lista e premer en Gardar Permisos.

As modificacións feitas dende aquí quedan tamén rexistradas no menú Control de acceso do Mantemento de usuarios. Falaremos posteriormente dos módulos (o corazón do sistema) pero temos que saber xa que Drupal é modular, isto é, que a súas posibilidades e funcionalidades dependen dos módulos que incorporemos e activemos. Dende a ruta agora citada: (Administrar > Mantemento de Usuarios > Control de acceso) temos unha visión xeral dos módulos que teñen activos os distintos roles:

Sinalados en círculos temos algunhas modificacións que podemos facer para outorgar aos usuarios do rol Profe as posibilidades dos módulos (no exemplo: crear contidos tipo libro propios e acceder a comentarios...). Para que as modificacións sexan permanente ao final hai que premer en Gardar Permisos.
O rol administrador ao que pertence o usuario admin co que estamos a facer estas primeiras aproximacións a configuración do nosos espazo web ten tódolos permisos dos módulos de Drupal activos mentres que os roles Alumnado, Pais e Profe -como se observa- teñen permisos restrinxidos. Estes roles propoñense como exemplo dos tipos de usuarios aos que vai dirixida a páxina do centro entendendo que é unha labor colaborativa aberta as distintas figuras da comunidade educativa.

![]() |

|

Anonymous user é o rol do usuario que entra na páxina sen autenticar. Se prememos en editar permisos do Anonymous vemos que soamente tén activado no módulo node a opción acceder ao contido (isto debe manterse así xa que se esta opción estivese desmarcada non se vería ningún menú dos existentes e tampouco, naturalmente, ningún contido).
Authenticated user é un rol especial xa que os seus permisos mandan sobre os roles creados, é dicir, se nos permisos do Authenticated user está seleccionada, por exemplo, a opción de administrar bloques calquera usuario asignado a calquera rol creado polos administradores da páxina ou os que xa están creados poderá facer esa configuración aínda que non teña ese permiso no seu rol.
Se quixeramos facer algunha modificación nos roles e para que Drupal a rexistre deberíamos ir ao final da lista e premer en Gardar Permisos.

As modificacións feitas dende aquí quedan tamén rexistradas no menú Control de acceso do Mantemento de usuarios. Falaremos posteriormente dos módulos (o corazón do sistema) pero temos que saber xa que Drupal é modular, isto é, que a súas posibilidades e funcionalidades dependen dos módulos que incorporemos e activemos. Dende a ruta agora citada: (Administrar > Mantemento de Usuarios > Control de acceso) temos unha visión xeral dos módulos que teñen activos os distintos roles:

Sinalados en círculos temos algunhas modificacións que podemos facer para outorgar aos usuarios do rol Profe as posibilidades dos módulos (no exemplo: crear contidos tipo libro propios e acceder a comentarios...). Para que as modificacións sexan permanente ao final hai que premer en Gardar Permisos.
O rol administrador ao que pertence o usuario admin co que estamos a facer estas primeiras aproximacións a configuración do nosos espazo web ten tódolos permisos dos módulos de Drupal activos mentres que os roles Alumnado, Pais e Profe -como se observa- teñen permisos restrinxidos. Estes roles propoñense como exemplo dos tipos de usuarios aos que vai dirixida a páxina do centro entendendo que é unha labor colaborativa aberta as distintas figuras da comunidade educativa.
Last modified: Thursday, 1 December 2016, 1:42 PM