Drupal é un sistema que en función do usuario autenticado determina o que pode ou non pode facerse na páxina. O centro participante no proxecto recibe inicialmente un nome de usuario e unha contrasinal coa que ter o control da páxina. Con este usuario entramos na aplicación

iniciar sesión

Basta con Iniciar sesión cos datos recibidos (admin / ... ) para acceder a tódalas funcións que permite Drupal xa que para ese usuario están activas. Dúas ou máis persoas pódense autenticar co mesmo nome e contrasinal de usuario. É moi recomendable modificar as contrasinais dos usuarios iniciais (admin, profe1, alumno1, painai1) propostos dende a Consellería.



Unha vez iniciada a sesión observamos como varía a páxina (Imaxe 1). Se nos autenticasemos como outro usuario o menú, tal como se observa na Imaxe 2, modificaríase. O que se ve en ambos casos é o menú navegación, na primeira imaxe do usuario admin coa posibilidade de administrar a páxina, na segunda o menú navegación do usuario profe1 (sen permisos de administración)

como admin
como profe

Nota: Por defecto (e como orientación) a aplicación trae cargados ademáis do usuario principal (admin) outros usuarios: painai1, profe1, alumno1 e o usuario webmaster (este usuario empregárase dende a Consellería para labores de mantemento e actualización e non debe ser modificao ou borrado polo centro)

Seguindo a recomendación anterior e estando identificados como admin prememos no apartado A miña conta chegando a unha pantalla como a da imaxe. Para modificar a contrasinal do usuario temos que seleccionar a pestana Editar

a miña conta


aparecen a continuación a pantalla na que poderemos modificar o nome de usuario admin polo que queiramos (en principio é convinte deixalo que temos por defecto -admin-) e a caixa para introducir a nova contrasinal:

cambio contrasinal


O resto das opcións que aparecen as deixamos como están e para rematar baixamos ata o final da pantalla
e lle damos a enviar


enviar contrasinal


Nesta captura de pantalla podemos observar que o usuario admin ten activas as opcións Navegación e Cron. Cando creemos un usuario o máis importante é que teña activo o primeiro deles xa que se non non lle aparecería o seu menú Navegación e non podería traballar na páxina. A opción Cron soamente é recomendable para os usuarios con privilexios de administración.

Por último, e como diciamos arriba, é necesario modificar as contrasinais do resto de usuarios autenticados que veñen por defecto: PaiNai1, Profe1, Alumno1 ou ben, se non os vamos a utilizar ao principio, borralos ou bloquealos. Ambas as opcións están a vista premendo en editar os usuarios.


Last modified: Thursday, 1 December 2016, 1:42 PM