A estructura da páxina: as categorías e os menús
Requisitos do completado
Estrutura da páxina: categorías, menús e bloques
No proxecto a creación de menús e os menús propostos inicialmente están baseados en taxonomías (categorías). Isto é así xa que Drupal dispón duns módulos (principalmente Taxonomy Access) que permiten controlar o acceso tanto para publicar como para ver ou editar os contidos dos menús.
Xa falamos dos bloques e a súa configuración pero chegados a este punto temos que comprender a a estrutura da páxina para poder adaptala as nosas necesidades e, se é o caso, modificala.
O que está a vista e que antes tratamos xenericamente como bloques son propiamente bloques que conteñen os termos das categorías asociadas a menús.
O máis importante da estrutura son xustamente as categorías e os seus termos
Na ruta: administrar > administración do contido > categorías vemos as categorías das que dispón a páxina:
A Lista coincide cos bloques-menús propostos. Baixo a etiqueta Tipo temos os tipos posibles de contido que admite a categoría, é dicir, cando un usuario con permisos para crear contido nunha determinada categoría pódera crear o permitido para esa categoría (libro, páxina, story ...). Baixo a etiqueta Operacións temos:
(MOI IMPORTANTE: sempre que engadamos un termo temos que ir a ruta administrar > mantemento de usuarios > Taxonomy Access Permissions > editar rol e modificar os permisos de visualización (listar, ver, crear, editar e borrar para os diferentes roles que teñamos creados). Despois prememos en "save category permissions" e imos a ruta administrar > mantemento de usuarios > control de acceso e sen facer ningunha modificación prememos en "gardar permisos".
Na versión 5.1 os permisos de listar e crear quedan activos para tódolos usuarios xa que os tén activos o usuario authenticated. Tamén aparecen activos para o usuario anónimo. Polo tanto hai que corrixir os permisos .
O nome da categoría está desactivado e a categoría "navega" no menú creado co mesmo nome que a categoría. O que son visibles nos bloques da páxina é o título do menú e os termos da categoría.

![]() |

Categorías e termos:

- Editar vocabulario: podemos variar o nome da categoría e as súas opcións (por exemplo quitar tipos de contidos permitidos para a categoría en cuestión ou engadir novos). O resto das opcións ás que da acceso editar vocabulario as deixamos tal e como están:
- Xerarquía: simple
- Etiquetado: non marcar ningunha das opcións
- Lista de termos e Engadir termos: accedemos aos termos existentes da categoría (lista de termos) e poderemos modificar a súa posición na páxina (editamos os termos e na xanela que aparece despregamos o menú pai elixindo unha nova situación para el) ou borralos (premendo en borrar ao final). Se lle damos a engadir termos podemos incorporar un novo termo. O modo máis sinxelo de modificar a estrutura da páxina é xustamente este. Os termos creados poden adoptar unha estrutura en árbore colgando uns de outros, basta elixir como pai en lugar de root (por defecto) outro termo creado dentro da categoría tal e como se ve na imaxes (Exemplo: engadimos un termo á categoría Profesorado que vai no mesmo nivel que os termos existentes -Claustro- e un termo -Documentos- que vai colgado do termo Profesional)
![]() |
![]() |
![]() |
(MOI IMPORTANTE: sempre que engadamos un termo temos que ir a ruta administrar > mantemento de usuarios > Taxonomy Access Permissions > editar rol e modificar os permisos de visualización (listar, ver, crear, editar e borrar para os diferentes roles que teñamos creados). Despois prememos en "save category permissions" e imos a ruta administrar > mantemento de usuarios > control de acceso e sen facer ningunha modificación prememos en "gardar permisos".
Na versión 5.1 os permisos de listar e crear quedan activos para tódolos usuarios xa que os tén activos o usuario authenticated. Tamén aparecen activos para o usuario anónimo. Polo tanto hai que corrixir os permisos .
Os menús
As categorías están asociadas aos menús. Na ruta administrar > construción da páxina > menús temos os menús. Na seguinte imaxe ilustrase a estrutura tomando como exemplo o menú Biblioteca:![]() |
O nome da categoría está desactivado e a categoría "navega" no menú creado co mesmo nome que a categoría. O que son visibles nos bloques da páxina é o título do menú e os termos da categoría.
Os bloques
Para rematar, os nosos menús-categorías "crean" os bloques que, como xa vimos, hai que activar e decidir a rexión da páxina onde aparecen para o tema elixido (ruta: administrar > construción da páxina > bloques)![]() |
Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 1:42 PM