
O panel de Taboleiro (1) é o que nos atopamos ao entrar en Agueiro. Nel podemos ver o botón de Axustes (2) onde se poden establecer os parámetros da nosa conta: Control de amigos; Licenza; Idioma ... Como queremos que nos avise o sistema e xestionar as APPs que permitimos que accedan á nosa conta de usuario.
Veremos o menú inicio (3), que nos vai a permitir acceder ás opcións máis importantes que permite Agueiro, os usuarios conectados en liña (4), recursos e ligazóns (5) con acceso ao manual do usuario, e unha serie de bloques (6) (7) (8) que podemos editar segundo estimemos oportuno.