Cando temos creadas páxinas no portafolio (ou coleccións), é posible compartilas con outras persoas, por exemplo, para recibir comentarios ou valoracións sobre o noso traballo.
Podemos establecer os permisos de acceso ás páxinas entrando no menú "Portafolio -> Compartido por min" e pulsando sobre a icona ![]()
Na seguinte imaxe móstrase unha visión xeral desa pantalla de "Compartido por min"

- LISTA DE ACCESO
Na columna "Lista de acceso" aparecen os usuarios, grupos ou comunidades que teñen acceso a cada páxina en particular. - EDITAR ACCESO
A icona
que se mostra na columna "Editar acceso" permite cambiar os permisos de quen pode ver ou acceder a cada unha das páxinas. - URLs SECRETAS
A icona
que se mostra na columna URLs secretas permite crear unha ou máis URLs secretas (direccións de internet que só ti coñecerás) para que determinadas persoas que non sexan membros de Agueiro poidan acceder igualmente a esa páxina en concreto.
Esta URL segreda deberás comunicarlla ou enviarlla á persoa(s) que queiras que acceda á túa páxina. Esa persoa deberá copiar e pegar esa URL na barra de direccións do seu navegador de internet, de maneira que así poderá ver a túa páxina.
Ademais, se insires unha URL secreta dentro dunha páxina web, tamén serve como enlace directo á túa páxina desde fóra de Agueiro.
Editar ou restrinxir o acceso á túa páxina do perfil
Podemos restrinxir o acceso total á nosa páxina do perfil para que só a poidan ver os usuarios que nós decidamos, ou incluso, pódese configurar para que ninguén teña acceso ao noso perfil.
Resulta especialmente importante que configuremos de forma correcta os permisos de acceso á páxina do perfil.
Débese poñer especial atención nos datos que compartimos na páxina do perfil xa que a privacidade é moi importante. Ti decides.