Saltar navegación

Grupos

Grupos en Agueiro

O menú de grupos permítenos administrar os grupos, os amigos e as nosas comunidades. Asemade, tamén podemos administrar os temas que se seguen nos foros.

  • Os meus grupos: (1) Nesta páxina podemos ver todos os grupos cos que estamos relacionados dalgunha maneira. Pódense ver todos os grupos que se modera, dos que formamos parte, dos que recibimos invitación para participar ou os que enviamos unha solicitude de participación. Cando se pertence a un grupo, podemos compartir as súas páxinas con outras persoas dentro del e participar das súas actividades como os foros.
  • Buscar grupos: (2) Poderase buscar entre os grupos aos que se pertence, naqueles onde non estou, aos que me podo unir, ou entre todos os grupos.
  • Os meus amigos/as: (3) A área de Amigos mostra unha lista dos nosos amigos e as páxinas que se compartiron con nós. Un usuario pode volver a presentar unha solicitude de amizade, incluso se xa rexeitamos previamente ese usuario.
  • Buscar amigos: (4) Esta páxina permite buscar usuarios e agregalos como amigos. Dependendo da configuración de control de amizades que se teña, pode ser aceptado automaticamente como o noso amigo ou pode que teña que enviar unha solicitude de amizade. Algúns usuarios non permiten as solicitudes de amizade a todos. Cando se envía unha solicitude de amizade pódese optar por incluír unha mensaxe curta onde se presenta a se mesmo. Isto é especialmente importante se temos un Nome para mostrar, xa que os demais non verán o noso nome real.
  • As miñas comunidades: (5) Lista as comunidades ás que se pertence. Tamén se permite aceptar ou rexeitar as invitacións recibidas.
  • Temas de debate: (6) Lista as ligazóns aos temas de discusión de todos os grupos aos que pertencemos, en orde cronolóxica inversa.